sábado, 12 de diciembre de 2009

Os inventos do século XIX


A locomotora é un dos frandes inventos da Revolución Industrial. O inventor foi o británico Stephenson, e a primeira locomotora a vapor foi construida por Richard Trevithick no ano 1804. As locomotoras de vapor utilízabanse para darlle tracción aos trens. Dende principios do século XIX ata mediados do XX foron de vapor. Desplazábanse a través dos raís, aínda que podían rodar por camiños e estradas, eran os locomóbiles. As locomotoras eléctricas existen desde finais do XIX, pero tiñan un alto coste, de maneira que quedaron relegadas a usos concretos. As locomotoras diesel non se desenvolven de todo ata o ano 1950, cando a tecnoloxía permitía fabricar motores coa potencia necesaria para os trens.
Outro invento do século XIX foi o gramófono. Foi o primeiro sistema de gravación e reproducción de son que utilizaba un disco plano. O inventor foi Emile Berliner. Está composto por un prato xiratorio, un brazo, unha agulla e un amplificador, Utiliza sempre un sistema de gravación mecánica analóxica na que as ondas sonoras son tranformadas en vibracións sonoras que moven a agulla trazando surcos que forman unha espiral. Ao percorrer o surco xira no prato do dispositivo xerando vibracións metálicas que producen o son.
Jennifer García Mariño

2 comentarios:

  1. está moy ben o traballo , gustame moito

    ResponderEliminar
  2. raquel dijo:
    1ºmi en coment!!!
    ¬¬demasiadd largo, pero bien. ..
    tienes que hacer masss!!!

    ResponderEliminar