sábado, 12 de diciembre de 2009

O desenvolvemento agrícola en Inglaterra


O desenvolvemento agrícola foi unha das condicións necesarias da industrialización. Sen unha verdadeira "revolución agrícola" non existiría a Revolución Industrial en Inglaterra. Durante o século XVIII a agricultura inglesa experimentou un aumento na productividade que obrigou a reducir a man de obra agrícola. Miles de homes e mulleres do campo tiveron que emigrar cara as cidades poñéndose a disposición como man de obra nas fábricas. No campo introdúcese a maquinaria nas grandes propiedades, isto supuxo unha importante inversión. A mecanización é lenta en principio, xa que se utilizan segadoras e arados aínda de tiro animal. Máis tarde aparecen a segadora e a malladora. En 1823, Budding patenta a segadora, era un aparato para recortar a vexetación dos campos. Posuía un rodillo con cuchillas rotatorias e era tirada por animais (burros, bois ou cabalos). Outro aparato, a malladora, contruida en ferro, utilizouse para separar o grano. Constaba dun rotor xiratorio, na máquina introducíase a forraxe manualmente e a malladora separaba os grans cara uns depósitos deixando a espiga aparte.
Outra das innovacións inglesas importantes para o desenvolvemento agrícola do século XVIII foi o Sistema Norfolk. Este consisitíu na rotación de cultivos, eliminando o barbeito. Foi ideado polo aristócrata inglés Charles Townshend no condado de Norfolk, apodado "Lord Turnip" ou en español "Lord Nabo" polo interés no emprego desta hortaliza nos súas propiedades. A rotación de cultivos, complementada coa estabulación do gando, e xunto á mellora da utillaxe agrícola deu lugar a un importante crecemento dos rendementos agrícolas. Isto posibilitou o fenómeno da revolución agrícola en Inglaterra, base da industrialización do XVIII.
Paulo Álvarez Busto

No hay comentarios:

Publicar un comentario