miércoles, 16 de diciembre de 2009

Inventos do XIX: o telégrafo


O telégrafo é un dispositivo de telecomunicación que ten como misión transmitir sinais a distancia a través de impulsos que viaxan dun punto a outro a través dunha liña, e que son decodificados e traducidos logo de chegar ao seu destino. Diferentes telégrafos ópticos usáronse ao longo das décadas, pero o que maior uso recibiu no tempo foi o telégrafo electromagnético. A invención do telégrafo electromagnético non se pode atribuír a unha sóa persoa debido a que este aparello foi produto de diversos aportes de varios científicos, técnicos e inventores. Entre eles, podemos destacar a Salvá y Campillo, a Gauss e a Weber ou a Morse O telégrafo de Gauss e Weber consistía nunha liña de 1000 metros de lonxitude sobre os tellados da vila na que traballaban (Goöttingen) unindo a universidade co observatorio. Nun principio non contaban con ningún código para comunicarse, mais non tardaron moito tempo en crear unha especie de alfabeto basado na amplitude das sinais do telégrafo. Foi usado durante uns anos, pero o seu sistema non era o que se remataría por impoñer en todo o mundo baixo o nome de telégrafo. Verdadeiramente foi Morse quen logrou, no 1837, construír un telégrafo que era verdadeiramente práctico e ademais tamén iventou un alfabeto que resultaba tamén moi útil á hora de envíar as mensaxes. Tanto o aparello como o telégrafo comenzáronse a empregarse no momento no que se instalaou a primeira liña de telégrafo. Esta liña tiña unha lonxitude de 64 km e encargábase de unir Nova York con Baltimore. O telégrafo estaba básicamente constituído por un aparello transmisor, outro receptor e unha liña que os unía (formada únicamente por un fío). O retorno da corrente eléctrica realizábase por terra para conseguir pechar o circuito eléctrico. Xa en 1850, o telégrafo electromagnético extendérase por toda Norteamérica, Inglaterra e diversas zonas do continente europeo. Os cables colocábanse polo aire unidos a postes facendo chegar as liñas telegráficas a calquera parte de terra na que se puideran colocar os postes. Pero cando unha liña telegráfica chegaba á costa, vía freado o seu avance por mor da auga dos océanos ou mares. Por isto, en 1851, tras varios experimentos que non funcionaran, colocouse no Estreito de Dover un cable verdadeiramente acorazado que tivo moitísimo máis éxito que os seus predecesores conseguindo que as sinais chegasen prácticamente ó momento con fluidez e claridade incribles. En pouco tempo, extendéronse máis liñas telegráficas por todo o Mar Mediterráneo unindo Europa con África e coas illas mediterráneas. En vista do tremendo éxito acadado, plantexouse a opción de cruzar o océano Atlántico cunha liña de telégrafo. Antes do ano 1866, foron varias veces as que se intentou esta proeza sen conseguir os resultados esperados. Pero nese mesmo ano, completouse un cable que parecía funcionar de verdade logrando transmitir as mensaxes dende Irlanda ata Terranova. Dende 1866 en diante extendéronse polos océanos de todo o mundo moitos máis cables chegando a haber quince cruzando todo o Atlántico. Algunha que outra sección destes cables aínda se atopa funcionando hoxe en día.
Javier Cabana Soengas

No hay comentarios:

Publicar un comentario