miércoles, 16 de diciembre de 2009

Adam Smith e o Liberalismo económico


Adam Smith era un economista e filósofo británico que estableceu os principios do liberalismo. Naceu en Escocia no ano 1723 e foi á Universidade de Glasgow para iniciar os estudos de filosofía moral, que despois rematou na Universidade de Oxford. Despois fíxose profesor axudante de retórica e de literatura en Edimburgo. Entre os anos 1763 e 1764 fixo unha longa viaxe por toda Europa por ser o titor do terceiro duque de Buccleuch, e nesta viaxe coñeceu a moitos filósofos e economistas importantes como Quesnay, Turgot, Voltaire… E baseándose nas súas ideas chegou a ter a súa propia e orixinal doutrina e teoría económica. En 1777 foise a vivir a Edimburgo ó ser nomeado comisario de alfándegas para Escocia, e en 1778 foi nomeado o reitor honorífico da Universidade de Glasgow. A súa obra máis importante é o famoso tratado chamado A riqueza das nacións, que é un libro sobre o progreso económico. O momento no que se publicou esta obra está considerado como o nacemento da economía como ciencia social independente da política. Nesta obra, Smith analizou os orixes da riqueza e as condicións que determinan a aparición do capital; para que isto fose posible tiña que haber a mínima intervención posible do Estado. Adam Smith estaba totalmente en contra do mercantilismo, que é un sistema económico baseado na acumulación de metais preciosos como riqueza do Estado; neste sistema o Estado intervén na economía. Polo tanto, Smith estaba a favor do liberalismo económico, que é un sistema económico baseado na liberdade de comercio e na libre competencia; neste sistema o Estado non intervén na economía, fano os burgueses. A teoría deste autor dicía que o interese persoal e a procura do máximo beneficio era o motor da economía, que os diferentes intereses equilíbranse no mercado grazas ó mecanismo da oferta e da demanda e tamén dicía que o Estado non debería de intervir no funcionamento da economía e debería permitir o librecambio.
Ana Vila García

No hay comentarios:

Publicar un comentario