sábado, 12 de diciembre de 2009

A vida cotiá en España no século XIX


A vida cotiá nas cidades do século XIX non era igual para as clases acomodadas e as clases populares. A vida social das clases acomodadas do século XIX era intensa, xa que asistían a festas e reunións onde se atopaban tanto á burguesía coma a aristocracia das cidades. As diversións cotiás eran o teatro, a música e a ópera. As corridas de toros era outra das aficcións das clases acomodadas pero a éstas tamén acudían as clases populares. Os homes adoitaban ir a tomar o café diariamente, éstes eran centros de charlas políticas e literarias; e as mulleres adoitaban ir de visitas a casa de amigas ou de familiares a pasar as tardes. Os burgueses na súa vestimenta, seguían as modas chegadas de París. As mulleres lucían vestidos moi escotados, saias amplas, chapeus e complexos peiteados. Os homes vistían con traxe de cor escuro, chapeu e botíns. A moda era deixar bigote e máis barba. En canto á alimentación das clases burguesas era bastante popular o cocido ou pucheiro de carne de porco e de vaca,polo ou año. Tamén comían embutidos, ovos, peixes e doces, sobre todo chocolate bebido no almorzo, na merenda e polas noites antes de durmir.
As clases populares tiñan unha vida social máis limitada xa que os seus medios eran escasos. Os obreiros e campesiños reuníanse nas tabernas, que adoitaban ser lugares moi sinxelos e con poucas comodidades. As festas populares e os festexos eran as grandes ocasións para a diversión destas clases. As festas máis habituais eran as patronais, as romarías relixiosas adicadas aos santos locais, as verbenas, o Entroido, a Noiteboa e a chegada dos Reis Magos de Oriente. En canto a vestimenta destas clases, era sinxela. As mulleres levaban sai, blusa e mantón; os homes vistían camisa, pantalón, bufanda e alpargatas nos pés. A alimentación das clases populares era máis pobre que a dos ricos; comían o cocido tamén pero con pouca carne e máis verduras e garbanzos, ademáis de pan, viño, froita e algún doce en ocasións.
Beatriz Martínez Blanco

2 comentarios:

  1. un dos mellores traballos.... Felicidades

    ResponderEliminar
  2. un dos mellores traballos
    un 10...................

    ResponderEliminar