lunes, 28 de mayo de 2012

Unha imaxe que percorreu o mundo

 

Nesta imaxe  podemos ver o terror e o sofrimento dos nenos vitimas da Guerra de Vietnam. O 8 de xuño de 1972 un avión de Vietnam do Sur bombardeou con napalm á poboación de Trang Bang, unha localidade situada a 40 Km de Saigón. Coa roupa en chamas, unha nena de nove anos xunto a outros nenos da aldea fuxen do infermo. A nena que corre espida chámase Phan Ti Kim Phuc e as súas roupas consumíronse polo lume. A famosa imaxe foi rexistrada polo fotógrafo Nic Ut. Xunto a outros compañeiros de traballo a cubriron con mantas para logo darlle asistencia médica. A nena sobrevivíu despois de anos de inxertos e de operacións.  Ao día seguinte do bombardeo esta imaxe foi portada en todos os diarios do mundo.

Isabel G. Piñeiro

viernes, 25 de mayo de 2012

Protestas contra a Guerra do Vietnam en Saigón



Na imaxe sacada o 11 de xuño de 1963 (durante a guerra de Vietnam, conflicto da Guerra Fría) aparece Quang Duc, un monxe budista, que se prendeu lume nunha rúa de Saigón para protestar pola presunta persecución dos budistas polo goberno de Vietnam do Sur.Como nomeo antes, a foto pertence á guerra de Vietnam (1945-1954-1975), conflicto da Guerra Fría (1945, fin da II G.M-1991, fin do comunismo na URSS). A Guerra Fría foi unha guerra ideolóxica modelo de relacións internacionais que se desenvolveu tras a II G.M e que se basaba nun constante antagonismo de bloques liderados por EEUU e a URSS. Nela enfrontanse dous modelos ideolóxicos, políticos e económicos (capitalismo e comunismo) dando lugar a unha tensión permanente que estala en conflictos localizados en Cuba, Alemania, Corea e Vietnam (ó que pertence a foto) A Guerra de Vietnam comeza en 1945, cando as forzas comunistas (Vietminh) proclaman a independencia e se inicia unha guerra aberta entre os comunistas e Francia (xa que a península de Indochina era unha colonia francesa). A guerra finaliza en 1954, creándose un Vietnam norte comunista e un Vietnam sur occidental. Coa retirada francesa, EEUU envía continxentes militares en apoio de Vietnam sur para evitar a reunificación dun Vietnam comunista. A guerra rematou en 1975, coa retirada dos EEUU e a unificación de Vietnam nun país comunista ata hoxe.
Sandra Núñez

Imaxes que conmoveron ó mundo: A Guerra do Vietnam



Esta é unha das imaxes máis impactantes da Guerra do Vietnam. A fotografía foi tomada por Eddie Adams, daquela  fotógrafo de AP o 1 de febreiro de 1968. O home que ten  a  pistola na  man é o xeneral  Nguyen Ngoc Loan, da  policía survietnamita. A este apunta a   un prisioneiro do Vietcong, recén  capturado polo xeneral e está a punto de ser executado.Todo ocurriu  durante o segundo día da denominada como ‘Ofensiva del Tet’. O Vietcong acababa de asasinar  a 34 persons, en súa maior parte axentes da policía nacional  e os seus  familiares. Esta imaxe convertiuse nunha icona da cruenta Guerra do Vietnam, sendo a representación máis evidente da ausencia dos dereitos inalienables e inviolables do individuo. O exército dos EEUU non  foi  capaz de controlar aos seus  aliados de Vietnam do Sur, tan sanguinarios como o seu inimigo, Vietnam do NorteUna complexa situación política contenida nunha imaxe que nos impacta enormemente xa que estamos asistindo en directo a unha execución. Os movementos pacifistas tomaron  a imaxe como representación da brutalidade dunha  guerra sen sentido, como arma arroxadiza contra o  goberno. 
Iria Fontao


Imaxes que conmoveron ó mundo: O conflito de Vietnam


Esta foto representa o terror, o espanto e o sufrimento vivido coa cruenta  a Guerra do Vietnam. Situada en abril de 1969, unha muller de Vietnam do Sur chora desesperadamente sobre o corpo do seu home, o cal foi atopado, xunto con outras 47 persoas, nunha fosa común, preto de Hue (Vietnam). Este conflito conextualízase na denominada Guerra Fría, un período que se desenvolveu tras a II Guerra Mundial e que se caracterizou pola existencia dun permanente antagonismo de bloques, liderados pola URSS e os EE.UU e, polo tanto, de dous sistemas políticos, económicos e ideolóxicos moi diferentes: Comunismo fronte Capitalismo. O resultado desta confrontación foi a existencia dunha gran tensión permanente en todo o mundo, que acabou por explotar, e que se viu reflectida co estalido de varios conflitos localizados en todo o mundo, sendo a Guerra do Vietnam un dos máis importantes. A Península de Indochina, na cal se atopa Vietnam, acabou convertíndose nunha colonia francesa ao finalizar a II Guerra Mundial. Tras esta, no mesmo 1945, as forzas comunistas, denominadas Vietminh, proclamaron a independencia, orixinando unha guerra aberta entre os comunistas e a súa metrópole, Francia. Nove anos máis tarde, no 1954, o territorio quedou dividido en dúas zonas: un Vietnam Norte comunista e un Vietnam Sur occidental. Coa retirada francesa, os EE.UU decidiron enviar apoios á parte Sur para así evitar a reunificación dun Vietnam comunista. Sen embargo, o conflito rematou en 1975 coa retirada dos exércitos estadounidenses, ao non ser capaces de deter ás guerrillas vietnamitas (denominadas Vietcom), e Vietnam acabou por unificarse, como quixeron os Vietminh nun principio, nun país comunista ata o día de hoxe.
María Rico

Protestas contra a Guerra do Vietnam



Estamos ante unha imaxe datada de 1967 publicada por Wichita Kansas. Nesta imaxe aparecen dous homes, un representado aos Estados Unidos, no que aparece un cartel no seu peito que define aos Estados unidos como país capitalista, e o outro como representa a Vietnam xa que no cartel que aparece no seu peito podemos leer Saigon que é una cidade de Vietnam. Esta imaxe podemos situala na Guerra Fría. Esta é é unha guerra ideolóxica, modelo das relacións internacionais que se desenvolveu tras a II Guerra Mundial (1945-1991) Baséase nun permanente antagonismo de bloques liderado por EEUU e a URSS,nesa enfrontanse dous sistemas políticos económicos, e ideoloxicos(comunismo e capitaliamo). Esta imaxe pertence a guerra de Vietnan(1945-1954-1975)a consecuencia desta guerra foi a división de vietnan en Vietnam do norte (comunista) e vietnan do sur (occidental) A persona representante dos Estados unidos ten collido o representante de Vietnan por uns fios. A interpretación que eu fago sobre esta imaxe e que os Estados Unidos tratan a Corea como unha marioneta, son capaces de xogar con ela ao seu antoxo.
Alejandro Vázquez



Imaxes que conmoveron ó mundo: A Guerra do Vietnam


 

Trátase dunha imaxe real que se sitúa entre os anos 1945 e 1975, período da Guerra de Vietnam. Foi un dos conflictos máis longos dentro doutro período que se coñece como a Guerra Fría (1945-1991). A imaxe é unha das máis representativas nesa guerra, coa que se pode observar a masacre que se produciu nese momento. A protagonista, é unha muller vietnamita que está a ser torturada polos xenerais de Vietnam sur. Atópase ameazada cun fusil na cabeza mentres a someten a unha especie de interrogatorio. Este feito, é un máis deste conflito, debido ó terror que estaba imposto en Vietnam durante a guerra.  Outros feitos que tamén están fotografiados e tamén foron comúns neste conflicto, foron os asesinatos a plena luz do día, os suicidios como símbolo de protesta, exilios forzados dalgúns pobos vietnamitas e a situación dos nenos na guerra. Rematada a guerra en 1975, Vietnam unifícase nun só país comunista, acabando asi cos feitos tan crueles que se foron sucedendo ó longo de tantos anos, ata hoxe, que segue a ser un dos países comunistas da actualidade.
Sandra Gómez

jueves, 24 de mayo de 2012

Días que conmoveron ó mundo: A crise dos mísiles de Cuba


 

Atopámonos ante unha imaxe do 22 de outubro de 1962 na que podemos observar ao daquela presidente dos Estados Unido de América, J.F Kennedy, ante os medios de comunicación pouco antes de pronunciar o discurso (que sería difundido mediante televisión e radio) dirixido ao pobo norteamericano e ao goberno da URSS a causa do posible ataque nuclear cara os EEUU. Pero para comprender o “porque” deste discurso e da súa importancia temos que remontarnos ao 14 de outubro deste mismo cando un avión espía U-2 das Forzas Aéreas dos Estados Unidos descrubríu a instalación e contrucción de sitios para disparar mísiles nucleares de rango medio na illa de Cuba. O 16 de outubro, día no que se lle fai saber ao presidente da existencia destes mísiles, este comeza a formular un plan de revancha contra Cuba e a URSS. Congregou tamén un consello (Comité Executivo do Consello e Seguridade Nacial) para axudarlle a determinar a resposta apropiada. Despóis de tres días de debate chegouse ao acordo de establecer unha cuarentena ao redor de Cuba para previr a entrada de outras armas na illa. Kennedy tamén asixíu ao líder da URSS, Khrushchev, que retirara inmediatamente as armas de alto poder do territorio cubano. O 22 de outubro o presidente Kennedy deu un discurso por televisión e radio para anunciar o armamente soviético de Cuba e a subseguinte cuarentena da illa e a demanda á URSS para a retirada dos mísiles. Mentres se esperaba pola resposta de Khrushchev, Kennedy ordeou unha maior  supervisión dos sitios dos mísiles en Cuba, además de ataques sobre calquera buque que sobrepasara a línea de cuarentena.Varios días despóis do discurso,  o líder soviético enviou unha mensaxe aos EEUU dicindo que retiraría os mísiles si estes accedían a non invadir Cuba. Antes de que Kennedy respondese a esta mensaxe os soviéticos mandaron outro esixindo tamén que retirasen as súas bases de mísiles nucleares de Turquía. Gracias a firmeza de Kennedy, finalmente Khruschev,   o 28 de outubro de 1962 retirou os mísiles, rematando así este episodio bélico.

Brais Vázquez