martes, 26 de junio de 2012

A historia no cine: "Good bye Lenin"


Película do ano 2003 dirixida por W. Becker que amosa a caida do muro de Berlín e a reunificación alemaña cunha mestura de drama e humor. En 1989, antes da caida do muro, a nai de älex, orgullosa socialista, entra en coma. Cando esperta, meses despois, o seu fillo fará todo o posible para que a súa nai non descubra os grandes cambios que tiveron lugar a; a caida do muro, o fin da RDA e  a renificación nunha Alemaña capitalista.
Esta película formou parate do traballo sobre a caida do mundo comunista e exposto polos abaixo asinantes. 
Cristina Rojo, Sandra Gómez, Paula Fernández e Martín Mejuto

lunes, 25 de junio de 2012

Historia e cine: 14 Kilómetros

Magnífica película dirixida por Gerardo Olivares e estreada en 2007. 14 Kilómetros son os que separan ó continente africano de Europa. Con Violeta, Buba e Mukela percorremos a longa e perigosa viaxe a través do deserto do Sahara para coñecer o que hai detrás do que nos amosan os medios de comunicación. Todos vemos as imaxes da chegada de pateras ata as costas de Canarias e de Cádiz, sen embargo descoñecemos o drama inmenso que hai detrás. Este filme nos transmite todo ese drama que ten como obxectivo a busca dun sono: escapar da pobreza e da fame para intentar chegar a un mundo mellor. 
Esta película formou parte do traballo sobre o Terceiro Mundo realizado na materia de Hª Contemporánea e exposto por Tamara Vázquez, Sandra Núñez e María Rico.

A historia no cine: "Invictus"


"Invictus" é un filme dirixido por Clint Eastwood en 2009 e protagonizado por Morgan Freeman no papel de Nelson Mandela. Tras o final do Apartheid, o novo presidente do país e figura de primeiro orde contra a política de segregación, Nelson Mandela, trata de acadar a convivencia e a reconciliación de brancos e negros a través do Mundial de rugby celebrado en Sudáfrica en 1995. A victoria de Sudáfrica na Copa Mundial  convírtese no medio para acadar unha cohesión pacífica grazas o deporte.
Apartheid significa separación. Aparece en 1944 para designar a política de segregación racial e da organización territorial aplicadas en África Sur, un estado multirracial, ata 1990. O obxectivo era separar as razas no terreo xurídico establecendo unha xerarquía na que a raza branca dominaba o resto. A poboación negra estaba privada da cidadanía e dos dereitos civís e políticos. O principio do fin do Apartheid tivo lugar co presidente branco De Klerk en 1991. A poboación negra recuperaba así os seus dereitos. O proceso culminou coa chegada de Nelson Mandela á presidencia do país.  tras vintesete anos de cárcere. 
A película amósanos a complexa situación tras o fin do apartheid en Sudáfrica e a política de reconciliación nacional que fomentou Mandela. 
Alba González, Dana Gargía, Javier García e Álex Vázquez