domingo, 18 de diciembre de 2011

TouoluseLautrec: Baile en el Moulin Rouge



Este cadro do francés Toulouse-Lautrec foi pintado no ano 1890 e pertence ao movemento postimpresionista. A finais do século XIX asistimos a un período de transformacións económicas, tecnolóxicas e sociais marcadas pola industrialización. A economía pasa a ser de mercado e a sociedade é de clases. As cidades medran e os obreiros que traballan nas novas fábricas reivindican mellores condicións en todos os ámbitos. O Posimpresionismo é un movemento que vai más alá do Impresionismo, este plasmaba unha paisaxe captada nun intre concreto, sen embargo os postimpresionistas intentaban transmitir un sentimento interior , a expresión interior do artista no cadro. Por isto se consideran máis rupturistas que os anteriores. Ao igual que os impresionistas empregan unha pincelada caracterizada pola técnica de manchas pero moito máis longa e espesa. As liñas negras baseábanse na estampa xaponesa, de moda en Europa naquela época. O cadro de Toulouse Lautrec representa a inauguración do Moulin Rouge en 1889 reflexando o ambiente festivo do local nocturno coas bailarinas, a música e o humor. A ledicia está presente. Vemos tamén a un grupo de homes con sombreiros de copa, o que nos indica que é un lugar de categoría. A obra de Toulouse Lautrec caracterízase polo seu estilo fotográfico, pola espontaneidade e a capacidade para semellar o movemento nas súas escenas e personaxes. A fascinación polos locais nocturnos levou a Toulouse a frecuentalos con asiduidade e constituiron os temas principais da súa obra. O autor bucaba nestes locais de diversión unha vía de escape a súa enfermidade, xa que tiña problemas de ósos e de crecemento. s interiores e as luces son a plasmación desa vida que frecuentaba e da que disfrutaba en París, centro da arte de finai do século XIX.
María Rico

O Posimpresionismo: A noite estrelada de Van Gogh


A noite estrelada” é obra do autor posimpresionista Van Gogh e data do ano 1889. O Posimpresionismo foi un estilo pictórico que xorde entre finais do século XIX e comezos do século XX en Londres. Segue as características principais do Impresionismo, a paisaxe como tema principal e captar o momento a través das cores e da atmosfera. Ademais, os pintores posimpresionistas tratan de volcar na súa pintura un sentimento interior, é dicir, unha expresión do seu interior no cadro. Vincent Van Gogh pintou este cadro no sanatorio de Saint-Rémy (Provenza), donde fora ingresado polos seus ataques de epilepsia. Sempre tivo unha preferencia por plasmar nos seus cadros a noite, porque as estrelas e a Lúa daban vida a unha paisaxe adormecida e inmóvil. As cores chamativas e as liñas en espiral do ceo e do ciprés reproducen a inestabilidade de seu estado anímico. Nesta obra, o ciprés adquire un significado especial, xa que fai alusión a súa cercana morte. Outras características visibles e patentes na obra son o contraste entre a claridade e o movemento do ceo coa escuridade e sosego da vila, e a luminosidade da Lúa, que se confunde cun Sol.

Noé Castro


O Romanticismo musical


O Romanticismo foi un período que transcurriu, aproximadamente, entre principios dos anos 1820 e a primeira década do século XX, e engloba toda a música escrita dacordo ás normas e formas de dito período. O Romanticismo musical é un período da música académica que foi precedido polo clasicismo e continuado polo modernismo. É un estilo musical imaxinativo e novelesco. Este movemento afectou a todas as artes e levouse a cabo sobre todo en Francia e Alemania. Entre as súas características cabe destacar a música pasa a ocupar o lugar da arte máis sublime e elevado, renace a música instrumental e supera a outros estilos musicais como o vogal, hai unha preferencia pola pequena forma (lied) e relégase a forma en beneficio da expresión.Os instrumentos propios e característicos desta época son o contrafagot, o corno inglés o saxofón, a tuba (vento) o piano, o armonio (teclado) e o vibráfono (percusión). Os grandes compositores do romanticismo musical foron Ludwig van Beethoven, Franz Schubert, Frédéric Chopin, Robert Schumann e Giuseppe Verdi.

Noé Castro e Jorge Sánchez

lunes, 12 de diciembre de 2011

Van Gogh: A noite estrelada


"A noite estrelada" é unha obra realizada por Vincent Van Gogh. O cadro e o autor pertencen ao chamado Posimpresionismo, un movemento artístico que comeza tras o Impresionismo. Os posimpresionistas van máis alá que os impresionistas xa que tratan de volcar na súa pintura un sentimento interior. Por este motivo son máis rupturistas que os anteriores. O Posimpresionismo desenvólvese na época da II Revolución Industrial, resultado das transformacións económicas e tecnolóxicas da segunda metade do século XIX e que deron lugar a unha nova sociedade de clases. Entre as características da pintura posimpresionista cabe salientar a temática da paisaxe, as liñas feitas cunha pincelada grosa produto da moda chegada a Europa da estampa xaponesa, así como a plasmación do estado anímico do autor. No cadro, Van Gogh amosa unha paisaxe na que destaca a luz das estrelas a través dun trazo de espirais que dominan o ceo e os cipreses do primeiro plano, todo isto obtido a partir das pinceladas máis persoais da historia da pintura. Ao fondo apréciase a silueta dun pobo, e as liñas do contorno dos edificios marcadas cos característicos trazos grosos. Os tons utilizados polo pintor son os malvas, morados e amarelos que plasman o estado de ánimo de Van Gogh. As liñas retorcidas amosan o seu interior atormentado.Van Gogh e a súa "Noite estrelada" son grandes referentes na histiria da arte.
Elisa Rivas

jueves, 8 de diciembre de 2011

El Impresionismo musical: Debussy


Claude- Achille Debussy fue un compositor francés, iniciador y mayor representante del Impresionismo musical. Sus innovaciones abrieron el camino a las nuevas tendencias musicales del siglo XX. Desde niño tocaba el piano y a los once años ingresa en el Conservatorio de París. Al convertirse en profesor de piano de los hijos de una rica dama rusa, visitó Moscú donde contactó con los grandes músicos del momento, aunque Debussy buscaba la salida hacia una nueva concepción artística. En el ámbito pianístico el compositor llegó a la creación del Impresionismo musical llevando a las últimas consecuencias la disolución de las formas clásicas del Romanticismo y abriendo las puertas al futuro. Debussy es el iniciador de las tendencias musicales de la actualidad. Aunque la existencia de Debussy se desarrolló en el retiro y aislamiento de su hogar, raramente se alejaba de París, la fama creciente le obligó a estancias en Viena, Budapest, Turín, Rusia, Holanda y Roma. Debussy murió en 1918, amragado y conmovido por los desastres de la I Guerra Mundial.
Tania Lamazares

Monet: "A ponte xaponesa"


Este cadro do pintor impresionista Monet, "A ponte xaponesa", foi creada no ano 1890. O Impresionismo xorde a finais do século XIX en París como unha corrente pictórica que revolucionou o mundo da arte debido as súas innovacións. Para coñecer o significado deste cadro, debemos coñecer primeiro as características do Impresionismo; a principal e máis relevante deste movemento é que o artista pinta o que ve, a paisaxe, o tema principal das súas obras. Pintan o aire libre, deste xeito queda representada unha sensación de impresión (de aí o nome que se lle da a este movemento) do día, da atmosfera dun intre. Intentan captala e plásmana no cadro a través de toques de pincel curtos, de manchas e sen liñas. Todas estas características son facilmente atribuíbles ao cadro a comentar. Monet pinta o aire libre unha paisaxe real. Realiza a obra durante o día, perceptible pola claridade presente, aínda que a espesa vexetación convértese na protagonista do cadro. Outra das características de Monet é a súa habilidade para captar reflexos de luz, como vemos na auga e nas árbores. Na auga destacan tamén as tonalidades dos nenúfares, motivo moi presente no autor francés. Todo se obtén a través da pincelada rápida e breve, de manchas. Así, a pintura de Monet resulta vital e armoniosa, inspiradora de paz e de tranquilidade. Podemos dicir que o cadro se converte nunha imaxe de enorme atractivo para a vista. Monet só foi recoñecido ao final da súa vida. Ademáis de paisaxes e nenúfares, tamén plasmou nas súas obras figuras humanas e catedrais, sen embargo o que lle importaba realmente era a incidencia da luz. Monet dixo: "Estas paisaxes de auga e de reflexos obsesiónanme. Todo está máis alá das miñas forzas de vello, pero quero representar o que sinto"
María Rico

Josefina de Beauharnais


Josefina de Beauharnais foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte e a primeira Emperatriz do Imperio Francés. Existen hoxe en Europa varias familias reais que na actualidade descenden dela, por exemplo a última raíña de Grecia, nai da actual raíña Sofía de España. Josefina naceu e vivíu na Martinica e logo en París. Tras separarse do seu primeiro esposo, vive os feitos da Revolución Francesa. Contrae matrimonio con Napoleón en 1796 e en 1804 é coroada Emperatriz de Francia polo seu esposo. Como non foi posible darlle un herdeiro a Napoleón, a parella divórciase. Josefina non podía ter fillos, parece ser que debido a unha caída que sofrira desde un balcón. Din as fontes que Josefina era unha muller elegante, moi alta, de cabelos castaños, ollos marróns e tez morena. Unha das mulleres a carón dun dos grandes personaxes da historia.
Isabel G. Piñeiro

Waterloo: O fin de Napoleón



En 1815 Napoleón regresou a Francia desembarcando cun gran exército. En tres días sucedéronse tres batallas: Ligny, Quatre Brass e Waterloo. Esta última enfrontou a numerosos efectivos anglo-holandeses, prusianos e franceses. O dirixente anglo-holandés foi Wellington e o dos prusianos o mariscal Ney. Os canóns pesados de Napoleó comezaron a disparar cara a mediodía mentres que a infantería de Wellington permaneceu tendida no chan para evitar máis baixas. O bombardeo durou unha hora. As columnas francesas avanzaron pero foron freadas pola artillería e mosquetería inglesas. Nunha aposta desesperada, Napoleón mandou á Garda Imperial contra a infantería de Wellington pero só recibiu descarga tras descarga, polo que rematou retrocedendo. os franceses, moi desmoralizados fuxiron e Napoleón foi derrotado definitivamente.
Éder Rodríguez

Napoleón Bonaparte: un gran xenio militar



Napoleón Bonaparte nace en Ajaccio en 1769 e morre na Illa de Santa Helena en 1821. Foi militar e gobernante francés, xeneral republicano durante a Revolución e o Directorio, e quen perpetrou o Golpe de Estado do 18 Brumario en 1799 polo que se convirte en Cónsul ata que él mesmo se proclama emperador en 1804. En pouco máis dunha década, adquiríu o control de case toda Europa Occidental e Central mediante conquistas e alianzas. Tras a Batalla de Leipzig, en 1813, víuse na obriga de abdicar uns meses máis tarde. Regresou a Francia ó poder durante o período chamado dos "Cen días" para rematar sendo derrotado en Waterloo en 1815 e desterrado a Santa Helena donde faleceu. napoleón é considerado o maior xenio militar da historia.
Paula Fernández

A Ilustración: Jean Jacques Rousseau



J.J. Rousseau (1712-1778) foi escritor, filósofo e músico. As ideas de Rosseau contribuiron en gran medida na Revolución Francesa, no desenvolvemento das teorías republicanas e no ascenso dos nacionalismos. As súas obras principais foron "O Contrato Social" e "Emilio, ou da educación". A primeira é unha obra de filosofía política cuxos temas tratados son a liberdade e a igualdade dos homes baixo a regra establecida por un contrato social entre eles. "Emilio ou da Educación" é unha obra que inclúe importantes reflexións sobre a educación, base para propostas educativas no século XVIII e posteriormente. De feito, no século XVIII, servíu de inspiración para un sistema nacional de educación. Entre as célebres frases de Rousseau salientamos as seguintes; "O home naceu libre e por todas partes atópase suxeito con cadeas"; "A única costume que hai que ensinar ós nenos é que non se sometan a ningunha"; "As inxurias son as razóns dos que teñen a culpa" ou "O home por natureza é bo".
Cristina Rojo