domingo, 18 de diciembre de 2011

O Posimpresionismo: A noite estrelada de Van Gogh


A noite estrelada” é obra do autor posimpresionista Van Gogh e data do ano 1889. O Posimpresionismo foi un estilo pictórico que xorde entre finais do século XIX e comezos do século XX en Londres. Segue as características principais do Impresionismo, a paisaxe como tema principal e captar o momento a través das cores e da atmosfera. Ademais, os pintores posimpresionistas tratan de volcar na súa pintura un sentimento interior, é dicir, unha expresión do seu interior no cadro. Vincent Van Gogh pintou este cadro no sanatorio de Saint-Rémy (Provenza), donde fora ingresado polos seus ataques de epilepsia. Sempre tivo unha preferencia por plasmar nos seus cadros a noite, porque as estrelas e a Lúa daban vida a unha paisaxe adormecida e inmóvil. As cores chamativas e as liñas en espiral do ceo e do ciprés reproducen a inestabilidade de seu estado anímico. Nesta obra, o ciprés adquire un significado especial, xa que fai alusión a súa cercana morte. Outras características visibles e patentes na obra son o contraste entre a claridade e o movemento do ceo coa escuridade e sosego da vila, e a luminosidade da Lúa, que se confunde cun Sol.

Noé Castro


No hay comentarios:

Publicar un comentario