viernes, 25 de mayo de 2012

Imaxes que conmoveron ó mundo: O conflito de Vietnam


Esta foto representa o terror, o espanto e o sufrimento vivido coa cruenta  a Guerra do Vietnam. Situada en abril de 1969, unha muller de Vietnam do Sur chora desesperadamente sobre o corpo do seu home, o cal foi atopado, xunto con outras 47 persoas, nunha fosa común, preto de Hue (Vietnam). Este conflito conextualízase na denominada Guerra Fría, un período que se desenvolveu tras a II Guerra Mundial e que se caracterizou pola existencia dun permanente antagonismo de bloques, liderados pola URSS e os EE.UU e, polo tanto, de dous sistemas políticos, económicos e ideolóxicos moi diferentes: Comunismo fronte Capitalismo. O resultado desta confrontación foi a existencia dunha gran tensión permanente en todo o mundo, que acabou por explotar, e que se viu reflectida co estalido de varios conflitos localizados en todo o mundo, sendo a Guerra do Vietnam un dos máis importantes. A Península de Indochina, na cal se atopa Vietnam, acabou convertíndose nunha colonia francesa ao finalizar a II Guerra Mundial. Tras esta, no mesmo 1945, as forzas comunistas, denominadas Vietminh, proclamaron a independencia, orixinando unha guerra aberta entre os comunistas e a súa metrópole, Francia. Nove anos máis tarde, no 1954, o territorio quedou dividido en dúas zonas: un Vietnam Norte comunista e un Vietnam Sur occidental. Coa retirada francesa, os EE.UU decidiron enviar apoios á parte Sur para así evitar a reunificación dun Vietnam comunista. Sen embargo, o conflito rematou en 1975 coa retirada dos exércitos estadounidenses, ao non ser capaces de deter ás guerrillas vietnamitas (denominadas Vietcom), e Vietnam acabou por unificarse, como quixeron os Vietminh nun principio, nun país comunista ata o día de hoxe.
María Rico

No hay comentarios:

Publicar un comentario