jueves, 24 de mayo de 2012

Imaxes que conmoveron ó mundo: A bomba atómica sobre Nagasaki


 

As bombas de Hiroshima e Nagasaki foron ataques nucleares ordeados por Harry Truman, Presidente dos Estados Unidos, contra o Imperio de Xapón. Os ataques que se efectuaron o 6 e 9 de agosto de 1945, puxeron punto e final á II Guerra Mundial. Despois de seis meses de intenso bombardeo de outras 67 cidades, a arma nuclear Little Boy foi soltada sobre Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945 seguida pola detonación da bomba Fat Man o xoves 9 de agosto sobre Nagasaki. Ata a fecha estes bombardeos constitúen os únicos ataques nucleares da historia. O 9 de agosto de 1945, ás 11:02 am, Nagasaki foi o blanco do segundo ataque con bomba atómica do mundo. Cando o norte da cidade foi destruído calculase que 40.000 persoas morreron pola explosión da bomba apodada "Fat Man". O número de mortos por bombardeo atómico totalizou 73.884 víctimas, así como 74.909 feridos e outros cen mil enfermos e moribundos por causa da choiva radiactiva e outras enfermidades causadas pola radiación. Inicialmente o blanco era Niigata, pero estaba chovendo; cambiouse a Kokura, pero había neboa e non se puido ubicar, e a falta de combustible e coa misión en peligro decidiuse finalmente por último blanco alternatico, por Nagasaki. O Great Artist, actuando como avión metereolóxico informou que existía un claro visible entre as nubes, o Bockscar só tiña combustible para unha soa pasada. Ó chegar o avión atopou un pechado teito de nubes, tiña que tomar unha decisión, ou a arroxaba ou volvía, e decidiuse a bombardear Nagasaki. O terreo onde se atopo a cidade é moi montañoso e esto delimitou os efectos das ondas expansivas da explosión inicial. De todos modos a destrucción, o caos, e o horor foi similiar ó de Hiroshima. Foi tal a estupefacciñon dos cuarteles militares e o grado de shock tanto de civiles como militares que en Nagasaki non se inspeccionou ata despois dunha semana, cando a cidade era xa un osario silencioso. Xapón rendiuse 5 días despois desta destrución. Tras a guerra a cidade foi reconstruída, anque ampliamente modificada. Construíronse novos templos e igrexas, xa que a presencia budista nunca desapareceu e incluso gañou unha gran adhesión durante a guerra. Algúns dos escombros foron deixados intactos en memoria e levantaronse novas edificacións co mesmo obxectivo, como museo da bomba atómica. Nagasaki é ainda unha cidade portuaria cunha rica industria naval e é ademáis un forte exemplo de perseverancia e paz.

Helena Del Río



No hay comentarios:

Publicar un comentario