martes, 15 de mayo de 2012

Imaxes que conmoveron ó mundo: A bomba atómica


Unha bomba atómica é un dispositivo que obtén unha enorme cantidade de enerxía de reaccións nucleares. O seu funcionamento baséase en provocar unha reacción nuclear en cadea descontrolada. Encóntrase entre as denominadas armas de destrución masiva e a súa explosión produce unha distintiva nube en forma de fungo. A bomba atómica foi desenvolvida por Estados Unidos durante a II Guerra Mundial, e é o único país que fixo uso dela contra poboación civil (en 1945, contra as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki).Os bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki foron ataques nucleares ordenados por Harry Truman, Presidente dos Estados Unidos de América, contra o Imperio de Xapón. Os ataques efectuáronse o 6 e o 9 de agosto de 1945, e puxeron o punto final á Segunda Guerra Mundial. Despois de seis meses de intenso bombardeo doutras 67 cidades, a arma nuclear Little Boy foi soltada sobre Hiroshima o lunes 6 de agosto de 1945, seguida pola detonación da bomba Fat Man o xoves 9 de agosto sobre Nagasaki. Ata a data estes bombardeos constitúen os únicos ataques nucleares da historia. Estímase que cara a finais de 1945, as bombas mataran 140.000 persoas en Hiroshima e 80.000 en Nagasaki, aínda que só a metade falecera os días dos bombardeos. Entre as vítimas, do 15 ao 20%morreron por lesións ou enfermidades atribuídas ao envelenamento por radiación.Desde entón, algunhas outras persoas faleceron de leucemia (231 casos observados) e distintos cancros (334 observados) atribuídos á exposición á radiación liberada polas bombas.[6] En ambas as dúas cidades, a gran maioría das mortes foron de civís. Seis días despois da detonación sobre Nagasaki, o 15 de agosto, Xapón anunciou a súa rendición incondicional fronte aos «Aliados», facéndose formal o 2 de setembro coa firma da acta de capitulación. Coa rendición de Xapón concluíu a Guerra do Pacífico e, polo tanto a Segunda Guerra Mundial. Ao finalizar a guerra, Xapón foi ocupado por forzas aliadas lideradas polos Estados Unidos con contribucións de Australia, a India británica, o Reino Unido e Nova Zelandia, ademais de que adoptou os «Tres principios non nucleares», o que prohibía a Xapón ter armamento nucleares.
Tania Lamazares

No hay comentarios:

Publicar un comentario