jueves, 24 de mayo de 2012

Imaxes que conmoveron ó mundo: A construcción do Muro de Berlín


 

Dende o 1º de xullo de 1945 establecéronse en Alemaña fronteiras interalemás, as cales eran un extenso sistema de fortificacións que percorría 1382 Km (dende o Mar Báltico ata Checoslovaquia), delimitando a división entre Alemaña Oriental (RDA: República Democrática Alemana) e Alemaña Occidental (FRG: República Federal Alemana). A parte máis coñecida destas fronteiras interalemás foi o Muro de Berlín (Berliner Mauer).O Muro de Berlín dividiu a cidade alemá en Berlín Oriental e Berlín Occidental, dende o 13 de agosto de 1961 ao 9 de novembro 1989. O Muro converteuse no símbolo máis representativo da Guerra Fría, xa que non só delimitaba unha fronteira, senón que marcaba unha profunda diferenza en cuestións políticas (unha democracia liberal capitalista contra un estado comunista), económicas (a CEE contra o COMECON) e militares (a OTAN contra o Pacto de Varsovia). Tanto as fronteiras interalemás como o Muro de Berlín sempre estiveron moi vixiadas, sen embargo o Muro de Berlín foi o máis militarizado de toda Europa (e o mundo). A cruel vixiancia das fronteiras da RDA tiña a orde de disparar contra toda persoa que quixese cruzar cara ao sector occidental; ata a actualidade non se coñece o número exacto de vítimas, pero estímase que foron ao redor de 136 persoas que morreron na zona do Muro de Berlín entre 1961 e 1989. Peter Fechter foi a primeiro vítima máis emblemática do Muro de Berlín. Un ano despois do comezo da construción do Muro de Berlín, o 17 de agosto de 1962, Peter Fechter xunto a un amigo Helmut Kulbeik intentaron escapar da RDA. Fechter e Kulbeik escondéronse nun taller de carpintaría preto do Muro, estudaron os movementos da garda, saltaron dende a ventá no momento en que a vixilancia non os vía, lograron correr a través do "corredor da morte" (sector entre o muro principal e un muro paralelo que pouco tempo antes se comezara a construír) ata o muro próximo a Checkpoint Charlie, no distrito de Kreuzberg en Berlín occidental. Cando Peter Fechter e Helmut Kulbeik se achaban na parte superior do muro, os soldados disparáronlles. Kulbeik logrou fuxir ileso cara á RFA, pero Fechter recibiu diversos disparos na pelve e caeu cara a atrás, na zona chamada "terra de ninguén" (que pertencía a Berlín Oriental. 
Cristina Rojo 


No hay comentarios:

Publicar un comentario