jueves, 24 de mayo de 2012

Imaxe de Hitler e Mussolini no Campidoglio en Roma



 

Esta é unha fotografía do ano 1939, na que aparecen dous personaxes moi coñecidos da historia recente;  Adolf Hitler e Benito Mussolini. Ambos pousan de pé, nunha sá  do Pazo  de Campidoglio en  Roma. Hitler vai  vestido co uniforme militar con numerosas condecoracións e sen pucha, o igual que o italiano, tamén levan unhas botas de pel de foca, e os seus respectivos sinais e esvásticas fascistas. Esta foi unha das fotografias que fixeron para escenificar as boas relacións existentes entre os dous dictadores.   Hitler e Mussolini defendían unha política exterior agresiva e de expansionismo militar, ademáis dunha carreira armamentistica. Isto xerou un clima de tensión continuada en Europa.  Este tipo de politica foi levada a cabo durante os anos trinta, asinando alianzas entre eles,  co nome de Pacto de aceiro ou Pacto Roma-Berlín (1936). Tanto xermanos como italianos van a Guerra en 1939 e ata 1942 apodéranse de Europa, utilizando unha táctica de ataque relámpago, unha combinación dos acourazados e a aviación, que, por sorpresa lograban o seu cometido.  A  súa sorte viuse truncada en 1942 cando a entrada na guerra dos EEUU cambiaron o rumbo en favor dos aliados e conseguen derrotar os fascismos en 1945, despois do éxitos  do Desembarco de Normandía.  Na miña opinión, os fascimos en Europa non deberan chegar a onde chegaron, as democracias tardaron en responder ante as ideoloxías radicais ou simplemente foron inoperantes ao igual que a recén nacida sociedade de Nacións creada tras a I Guerra Mundial. Esta non soubo reaccionar ante o inminente expansionismo hitleriano. As consecuencias, tristemente, son coñecidas por todos nós. 

Martín Mejuto

No hay comentarios:

Publicar un comentario