domingo, 20 de diciembre de 2009

Isabel II


Isabel II (1833- 1904) era filla de Fernando VII e María Cristina de Borbón. O seu pai promulga a Pragmática Sanción que deixaba sen efecto a Lei Sálica pola cal só podían reinar os varóns. Dous meses antes da morte de Fernando VII, foi proclamada herdeira da Coroa española. Durante a Rexencia de María Cristina, xa que a nova raíña era tan só unha nena, prodúcense as primeiras Guerras Carlistas. Os Carlistas eran un grupo que xiraba en torno a figura de Carlos Mª Isidro, irmán de Fernando VII, para eles o verdadeiro sucesor, e defensores do Absolutismo e contrarios ao Liberalismo que se iba impoñendo. O conflicto dinástico deu lugar a unha inestabilidade continuada no reinado de Isabel. En 1846 se decide adiantar a maioría de idade de Isabel, e sube ao trono con tan só trece anos. O seu reinado caracterízase polos intentos de construir un estado liberal, nel gobernan grupos progresistas e moderados, os grupos ou opcións liberais da España do século XIX. Os primeiros máis radicais nas súas posturas, e os seguintes máis tradicionalistas ou conservadores. Coa Revolución de 1868, Isabel II é destronada, e ten que saír de España, hacia Francia. En 1870 abdicou no seu fillo Alfonso, o futuro Alfonso XII. Regresa en 1876, pero estaba moi vixiada, baixo prohibición de calqueira actividade política, por iso exiliouse de forma definitiva a Francia , onde morre en 1904. O seu cadáver foi trasladado a El Escorial, onde recibiu sepultura.
Moito se ten falado da vida persoal desta raíña de España; parece ser que a súa inocencia e insensatez complicaron a súa vida íntima. Casou co seu primo Francisco de Asís aos dezaseis anos, a súa insatisfacción sexual a levou a ter numerosos amantes, que á vez tiveron un papel importante como conselleiros e confesores de Isabel, formando o que se coñeceu como "camarilla real". Isabel II puido ver a morte do seu fillo Alfonso XII en 1885, a Rexencia da súa nora María Cristina de Habsburgo e o inicio do reinado do seu neto Alfonso XIII. O seu reinado, como a súa vida foi complicado.
Sasha Suárez Mosquera
Ignacio Vilariño Rey

1 comentario:

  1. As mulleres tamén poden reinar non?

    Moi ben !

    ResponderEliminar