miércoles, 16 de diciembre de 2009

O ludismo: a fábrica de tabacos de A Coruña



A fábrica de tabacos de A Coruña, coñecida co nome de A Palloza, abriuse no ano 1804 e tiña cerca de 5 000 traballadores, dos cales, a maior parte eran mulleres. Estaban bastante mal pagas, cobraban o redor de tres ou catro duros ó mes, e a súa actividade era complementaria, un auxilio da economía familiar. Os primeiros conflitos, debido os baixos salarios, tiveron lugar en 1831 e en 1854. A partir deste ano adquiren tendenzas luditas. O tabaco en pó (rapé) e os puros de alta calidade foron sustituídos pola picadura, os cigarros e os puros ordinarios. Estas novas preferencias deron lugar á mecanización para satisfacer a demanda. O traballo manual das cigarreiras comeza a facerse de forma mecánica. A resposta das traballadoras de A Palloza no ano 1857 é arremeter contra os xefes ,botar toda a produción ao mar e destruir as máquinas novas de picar o tabaco. Tamén tiraron á ría estas máquinas, ademáis de mobles, papeis, libros de caixa e outros efectos que atoparon nos despachos dos directores. O movemento ludita xurde en Gran Bretaña no século XIX, non posuía unha ideoloxía base, era, simplemente unha forma de protesta ante unha mecanización que os obreiros consideraban perigosa á hora de manter os seus postos de traballo. En Cataluña e en Levante tamén temos noticias de accións de carácter ludita, por exemplo o incendio da fábrica "El vapor" de Bonaplata en 1835.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario