sábado, 19 de diciembre de 2009

A guerra de Independencia (1808-1814)



A Guerra de Independencia española (1808-1814) foi un conflicto no que o pobo español se levanta contra o exército francés invasor. Foi unha guerra patriota, e a vez, unha revolución de carácter liberal. A invasión francesa foi favorecida por Godoy, ministro de Carlos IV, que se alía con Napoleón. O Motín de Aranjuez foi unha manifestación do descontento por parte da poboación de Madrid ante estes feitos. Isto desemboca no dramático día do 2 de maio, no que son asasinados ó redor de corenta homes a mans dos franceses. A escena quedou inmortalizada no cadro de Goya "Os fusilamentos da Moncloa". Máis tarde, os días 5 e 6 de maio o rei Carlos IV é obrigado a abdicar, igual pasou co seu fillo Fernando VII. Estes acontecementos son coñecidos como as "Abdicacións de Baiona". Na Guerra de Independencia a resistencia organízase en Xuntas para a loita contra os franceses. Estas Xuntas son as que organizan, a súa vez, as guerrillas, principal método de loita contra o invasor. A Xunta Central é a que convoca as Cortes de Cádiz, de aquí parte a Constitución de 1812, de carácter liberal, seguindo o modelo da Constitución frncesa de 1791. En 1813, Francia firma o Tratado de Balencay, que deixa a España libre de José Bonaparte. Na guerra morreron 375.000 homes, aínda que esta cifra se dobla se temos en conta as mortes posteriores por crises alimenticias. En 1814, Fernando VII, volta a España e instáurose de nvo o Absolutismo. A obra de Cádiz é suprimida.
Martín Mejuto Sobrado

No hay comentarios:

Publicar un comentario