miércoles, 16 de diciembre de 2009

Os inicios da industrialización en Galicia: Sargadelos


No norte de Lugo, na poboación de Cervo, nun lugar denominado Sargadelos, instaláronse no século XVIII os primeiros Altos Fornos de carácter privado de España e de todo o sur de Europa. A monarquía xa creara outros en Santander e en Navarra. Tamén de carácter privado como os de Sargadelos foron outros Altos Fornos creados en Andalucía. En Sargadelos xurdiron problemas cos veciños, xa que para o funcionamento dos fornos necesitábase madeira, isto levou á expropiación dunha importante masa forestal ademáis da obriga para os veciños de acarrear madeira, carbón e outros materiais. Éstes eran usos frecuentes no século XVIII, pero deu lugar a unha gran conflictividade na zona. No século XIX a típica louza branca de Sargadelos se atopaba entre as máis prestixiosas de toda Europa. En 1875 péchase a fábrica que incluía ademáis do forno unha ferreiría para a producción de olas, potas etc. En 1949, o Complexo Industrial Castro inicia novamente as actividades preto dun castro no concello de Sada (A Coruña), onde levantaron a primeira fábrica de louza do novo Sargadelos. Experimentaron coa louza diferentes técnicas e deseños, utilizando a terra galega coa que se conseguía unha pasta fina, moi dura e translúcida. En 1960, O Castro produce novos deseños abstracto-geométricos que entroncan co Románico e o Barroco galegos. En 1970 queda inaugurada a nova fábrica en Cervo, Lugo. Nesta nova etapa os deseños se atopan en consonancia coa realidade e o carácter galaico. O concepto da cerámica de Sargadelos é a seguinte: tecnoloxía máis artesanía é igual a arte.
Sofía López García

No hay comentarios:

Publicar un comentario