sábado, 12 de diciembre de 2009

O tranvía en Vigo


O 2 de xuño de 1914 rodou en probas o primeiro tranvía pola cidade de Vigo. O 9 de agosto dese mesmo ano quedou inaugurado o servicio de tranvía nesta cidade. Os primeiros tempos non foron fáciles para a empresa do tranvía, xa que debido á Guerra europea e á inestabilidade, ademáis do alto prezo do servizo, non atra a moitos pasaxeiros. Para solucionar isto e aumentar os ingresos, a empresa de tranvías establece abonos para escolares que vivían nas aforas da cidade e así trasladarse cara as escolas do centro. Faise unha rebaixa de tarifas. O 3 de setembro de 1926 inaugúranse máis liñas de tranvía na cidade. En 1933 a empresa entra nunha fonda crise, prodúcese unha folga con máis de catorce días de duración provocando a total suspensión do servizo de tranvía. Ese mesmo ano ten lugar un grave accidente consecuencia dun descarrilamento deste transporte. Durante a Guerra Civil non había suficiente aceite lubricante necesario para o cambio na palanca de cambio na vía, ademáis o suministro de electricidade era insuficiente para poder circular. O tranvía estivo a punto de desaparecer nesta dura época. Na posguerra ocorre o mesmo, os continuos cortes de enerxía perxudican a este transporte urbán. Tras unha etapa máis optimista, o día 13 de febreiro de 1967 desaparece das rúas de Vigo.
José Antonio Rodríguez Carballo

1 comentario: