miércoles, 16 de diciembre de 2009

Inventos do XIX: a máquina de coser


Antes de que existise a máquina de coser as amas de casa facían as tarefas de costura nas súas casas a man, e non había agullas nin fíos como os de agora. En lugar da agulla utilizaban un pequeno instrumento de madeira no que introducían a lá ou o liño, materiais que había antes do século XVIII para fabricar as prendas de vestir, xa que o algodón e a seda aínda tardarían tempo en ser mercados na India ou en China. A máquina de coser é un aparello deseñado para unir pezas de tea ou pel mediante puntadas pechadas ou en cadea, para o seu funcionamento xeralmente utiliza fío. A primeira máquina de coser inventouna Thomas Saint, pero só estaba deseñada para coser cun único fío e formaba unha puntada en cadea. Este modelo de máquina non usaba agulla senón que un instrumento moi pequeno de madeira cun ferro moi fino na punta. A primeira máquina de coser foi fabricada realmente en 1829 por un xastre francés, que usaba unha agulla en forma de gancho que se movía cara abaixo mediante o movemento dun pedal que activaba un muelle que chegaba ata a agulla. Este sistema de coser non foi moi utilizado xa que os ingresos das familias naquela época eran escasos. Éste invento só podía ser utilizado por uns poucos xastres, sen embargo un importante xastre francés utilizouno na súa empresa téxtil e morreu na ruina. Cando nestes aparellos se introduce en 1850 grazas a Allen Benjamin Wilson unha bobina xiratoria e o pé de suxeición é cando comezaron a ser aceptados por bastantes empresas de costura. As primeiras máquinas de coser que tiveron éxito permitían á persoa usar as dúas mans para guiar a tea na agulla. As máquinas de coser de hoxe en día están equipadas con motores eléctricos que se activan cun interruptor.

Ana Vila García

1 comentario: