miércoles, 16 de diciembre de 2009

Henry Ford




Henry Ford (Dearborn, Michigan, 1863 -1947) foi un empresario que se formou como técnico na industria de Detroit. En 1893, tras facer experimentos durante algún tempo no seu tempo libre, logrou construir o seu primeiro coche e en 1903 creou a Ford Motor Company. Foi neste mesmo ano cando lanza o seu modelo Ford T, que puxo ao alcance das clases medias. A clave do éxito de Ford estaba no seu procedemento para reducir os costes de fabricación: a producción en serie, coñecida tamén como "fordismo", e a utilización de pezas intercambiables para os coches. A reducción de costes, permitiulle elevar os salarios que ofrecía aos seus traballadores; grazas aos altos salarios que recibían, os traballadores entraron no umbral da clase media, converténdose en consumidores potenciais de produtos como os automóbiles que Ford vendía.O éxito de ventas do Ford T, do cal chegaron a venderse uns 15 millóns de unidades, fixo da Ford unha das mellores compañías industriais até os nosos días. Porén, nos anos seguintes, a posición predominante da empresa Ford, como máximo produtor e vendedor de coches dos Estados Unidos, foi cedendo a favor dos seus competidores, en parte debido a súa lentitude en adoptar a práctica de crear un novo modelo cada ano, que era a tendencia xeral na industria. E aínda que durante a década dos anos 30 tentou recuperar o liderazgo seguindo a tendencia, xa foi demasiado tarde para conseguilo. A pesar de non encabezar a industria da automoción, en 1941, Henry Ford conseguiu firmar uns contratos co goberno da época para encargarse da fabricación de bombardeiros. Para isto, construiu unha enorme fábrica en Willow Run, Michigan, que comezou a producir no ano 1942. A pesar dalgunhas dificultades técnicas, a finais da II Guerra Mundial a fábrica xa producira máis de 8000 avións.No ano 1945 debido a súa idade abandonou a dirección efectiva das súas empresas. Morreu o 7 de abril de 1947, en Dearborn.

Uxía Gómez Méndez
Jennifer Almuiña Pérez


1 comentario: