Isabel G. Piñeiro
lunes, 9 de agosto de 2010
Agradecementos
Isabel G. Piñeiro
domingo, 20 de junio de 2010
O Land Art : Christo
Javachef Christo é un artista norteamericano de orixe búlgara. É un dos máis destacados autores da Land Art ou "arte da terra", unha nova proposta que aparece alá polos anos 60 do século XX. Esta tendencia artística caracterízase pola intervención do autor nun espazo, ben natural ou humanizado, urbano, e que este modifica, buscando a sorpresa no espectador. Así, na traxectoria deste autor atopámonos con pontes e edificios envoltos, os "empaquetagges" que cambian a face dunha cidade, como sucedeu co Pont Neuf en París ou o Reichstag de Berlín; ou illas e arrecifes rodeados por telas xigantescas de polipropileno, en Florida, destacando pola súa cor; ou as famosas sombrillas que ocupan enormes territorios, por exemplo en Xapón ou en California...
A arte despois de 1945
A II Guerra Mundial supuxo o exilio para moitos artistas europeos. New York convírtese no novo centro artístico, sustituindo a París no seu liderazgo artístico. Dase unha situación propicia xa que se crea o MOMA e a galería “Art of this century” de Peggy Guggenhein. A partir de 1945, os artistas radicalizan as súas propostas pictóricas, borrando así os límites entre escultura e pintura, e levando o fenómeno artístico a límites inusitados. Nesta nova etapa que se abre trala guerra, veremos como se van consolidando as tendenzas abstractas e como se desenvolven as tendencias que rexeitan esa linguaxe abstracta; as tendencias figurativas. Entre as propuestas abstractas destacan o Expresionismo Abstracto americano e a Abstracción Postpictórica. Entre as propostas figurativas cabe salientar a Nova Figuración representada por Bacon, o Grupo CoBrA, o Pop Art, o Hiperrealismo e as propostas de final de milenio a favor da volta ao sentimiento: Transvangarda italiana, Neoexpresionismo alemán e Posmodernidade.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
viernes, 18 de junio de 2010
O 23-F
Javier Cabana Soengas
A oposición ó Franquismo

Os GRAPO (Grupos de Resistencia Primeiro de Outubro) é unha organización terrorista cunha ideoloxía marxista-leninista de inspiración maoísta nada en 1975, como brazo armado da OMLE (Organización dos españois marxista-leninista) no exilio. A primeira acción terrorista foi en 1975 en Madrid atacando a dous gardas civiles; ademáis de asasinar ao policía Martin River ese mesmo ano. Despois da morte de Franco continuou a actividade da banda en accións violentas. Nos anos da Transición Democrática e posteriormente, levaron a cabo secuestros de gran impacto social. Ao longo da súa historia, GRAPO matou a máis de oitenta persoas. O seu apoio social é moi escaso. Algúns dos militantes históricos foron Manuel Pérez Martínez, Fernando Silva Sande, Francisco Brotóns Beneito, Fernando Hierro Chomón e Fina Aramburu García, entre outros.
Iago Montes Vázquez
José Gómez Pardellas
O asasinato de Carrero Blanco
Alejandro Pavón Pacior
Pablo martínez Costales
Os fuxidos: O Piloto

Uxía Gómez Méndez
Sasha Suárez Mosquera
A oposición ó Franquismo: os fuxidos

Uxía Gómez Méndez
Sasha Suárez Mosquera
miércoles, 16 de junio de 2010
A muller no Franquismo

Melanie García Vázquez
Ana Vila García
Castelao

Jorge Gallego Rivas
martes, 15 de junio de 2010
A Sección Feminina da Falange

Ignacio Vilariño Rey
O estraperlo durante a posguerra española

Jennifer García Mariño
lunes, 14 de junio de 2010
O racionamento na posguerra

Ana María Meilán Sánchez
Martín Mejuto Sobrado
O réxime autoritario de Francisco Franco

Carmen Rapado García
Juan Carlos Rey Vázquez
A batalla do Ebro

Jennifer Almuiña Pérez
sábado, 12 de junio de 2010
El bombardeo de Guernika

El bombardeo de Guernica fue un ataque aéreo realizado sobre esta población vasca el 26 de abril de 1937 durante la Guerra Civil, por parte de la Legión Cóndor alemana y la Aviación Legionaria italiana, que combatían en favor de los sublevados. La operación fue dirigida por el fefe del Estado Mayor, el teniente-coronel Von Richtoffen La cifra de víctimas se contabiliza hoy día en cerca de 3oo muertos. El ataque empezó a las 4.30 de la tarde de aquel día. Según se dijo posteriormente, el objetivo de la operación era la voladura de un puente, el hecho es que tanto el puente como una fábrica de armas, situada en las afueras de la población, resultaron intactos. El ataque fue devastador, los bombarderos lanzaron una gran cantidad de bombas medianas de 250 Kg., livianas de 50 Kg. y más de tres mil proyectiles incendiarios de aluminio de 1 Kg. sobre el casco urbano de la ciudad. Los cazas disparaban a las tropas que huían del lugar. La destrucción fue tan grande que provocó un intenso humo, por lo que los últimos bombarderos, al no poder ver los objetivos, descargaron las bombas a ciegas. A las 7.30 de la tarde terminó el ataque, aunque el incendio provocado por las bombas no se pudo apagar hasta el día siguiente. La mayor parte de los edificios de la ciudad fueron totalmente destruidos o dañados seriamente. Los lugares históricos vascos como la Casa de Juntas y el Árbol de Guernica, símbolo ancestral del pueblo vasco, no fueron afectados por el bombardeo. El 28 de abril, dos días después del bombardeo, las tropas nacionales entraban en la villa, tomando el control de la misma y quemando los archivos que hallaron en la iglesia de Santa María, imposibilitando el recuento final de fallecidos. El bombardeo de Guernica se ha convertido en un símbolo de los horrores de la guerra para todo el mundo. El hecho tuvo un gran impacto en su época, de hecho inspiró a Picasso su famoso cuadro, "El Guernica", al escritor Blas de Otero que creó un poema del mismo nombre, y también a la chilena Gabriela Mistral, que escribió un poema titulado "Árbol de Guernica".
José Montalbán García
A Guerra Civil (1936-1939)

A Guerra Civil Española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso do golpe de Estado dun sector do exército contra o goberno da Segunda República española, e que durou do 17 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde, pero a morte dos dous primeiros en acidentes aéreos deixaron no poder a Franco, hai rumores que este accidentes aéreos foron provocados por el para chegar o poder do bando nacional. Houbo un Pacto de Non Intervención polo cal as potencias extranxeiras non intervirían no conflito pero as potencias europeas seguiron apoiando cada unha o bando que tiña unha ideoloxía máis parecida a súa. O bando dos Republicanos era o dos fieis á República, eran os comunistas, anarquistas, socialistas e nacionalistas de esquerdas, é dicir a maioría eran campesiños, obreiros e burguesía de clase medía. Recibiu axudas externas por parte da URSS con armamento e tropas, de México con rifles e comida e protección os exiliados, Francia o comezo da guerra ata o Pacto de Non Intervención e as Birgadas Internacionais, que eran voluntarios que estaban a favor da República e querían intervir na guerra axundándoos na loita polos seus ideais. Nun principio, o bando republicano tiña Madrid, Cataluña, Asturias, País Vasco, Cantabria e todo o Levante,Castela a Mancha e parte de Andalucía e Aragón. O bando Nacional eran os sublevados e eran falanxistas e de dereitas, é decir maioritariamente era alta burguesía, Igrexa e as clase máis conservadoras. recibiu axudas externas por parte de Alemaña con asesores e técnicos militares e a Lexión Cóndor, Italia coa Aviación Lexionaría e voluntarios, Portugal con voluntarios e Irlanda cos "camisas azuis irlandeses". Nun comezo o bando nacional tiña Galicia, Castela León, norte de África, Canarias, Mallorca e parte de Andalucía e Aragón. Pouco a pouco o bando nacional iría conquistando todo o occidente e norte de España quedándolle no 1937 só o Levante,Castela A Mancha e Madrid. As batallas máis importantes foron a Batalla do Norte, co tristemente coñecido bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor,a durísima batalla do Ebro, a de Belchite e Brunete. O un de abril de 1939 acaba a guerra coa victoria dos nacionais o conquistar a capital do estado. Comezaría unha dictadura ata 1975 en España, os republicanos tiveron que saír cara ó exilio.
Juan Varela Armas
Un relato da Guerra Civil

Testemuña recollida por Mª Isabel Fulgueira Quintás
A revolución de Asturias
A revolución de Asturias foi un movemento revolucionario coordinado entre as diferentes forzas de esquerda asturiana, os seus principais obxectivos eran a abolición do sistema republicano establecido pola Constitución de 1931 e a sustitución por un réxime socialista. Esta revolta tivo lugar en Asturias durante a II República(1931-1936). O desencadeante do conflicto veu motivado polo nomeamento, o 4 de outubro de 1934, de tres ministros membros do CEDA no goberno presidido por Lerroux. Un días máis tarde, trala entrada dos novos ministros, é convocada como protesta unha folga xeral. En Asturias a revolta adquiriu un carácter revolucionario, chegando a asumir os sublevados funcións elementais do Estado: abolición da moeda e da propiedade privada, control da producción e abastecemento, así como a formación dun exército do proletariado. O movemento estivo dirixido pola Alianza Obreira, formada por tódalas forzas de esquerdas. En Oviedo, proclamouse a República Socialista Asturiana e son atacados os postos da Garda Civil, as igrexas, os concellos... O goberno enviou a Oviedo ao xeneral Eduardo López Ochoa e, ao teniente coronel Juan Yagüe (quen dirixiría a Lexión), estes conseguiron a rendición dos revolucionarios asturianos 15 días despois de que se iniciara a revolta. O número de víctimas da revolución de Asturias chegou a 71 persoas, pero o de represaliados foi moi superior.
Uxía Gómez Méndez
Sasha Suárez Mosquera
As trece rosas
As "Trece rosas" é un nome colectivo que se lle deu a un grupo de trece rapazas; algunhas delas pertencías á JSU (Juventudes Socialistas Unificadas), sete delas eran menores de idade (por aqueles tempos a maioría de idade era ós 21 anos)
Sasha Suárez Mosquera
Uxía Gómez Méndez
El sufragio femenino
Antía García Diéguez
miércoles, 2 de junio de 2010
Los Beatles

The Beatles fue una banda inglesa de rock que se formó en Liverpool en 1960. Con una formación inicial de cinco miembros que incluía a Lennon, McCartney, Harrison, Stuart Sutcliffe (bajo) y Bete Best (batería), actuaron en los clubes de Liverpool y Hamburgo durante tres años, en condiciones lamentables. Sutcliffe abandonó la formación en 1961, y Best fue reemplazado por Starr en 1962. Por lo tanto, desde ese año, estuvo integrada por John Lennon (guitarra rítmica), Paul McCartney (bajo), George Harrison (guitarra solista) y Ringo Starr (batería), además de vocalistas. Aunque en sus inicios tocaban skiffle y rock and roll de los años cincuenta, a lo largo de su carrera trabajaron con distintos géneros musicales, abarcando desde el folk rock hasta el rock psicodélico. Su enorme popularidad, fue denominada como la “Beatlemanía”. Fueron percibidos como la encarnación de los ideales progresistas, extendiendo su influencia en las revoluciones sociales y culturales de la década de 1960. Cambiaron el estilo de música, la forma de pensar de la gente, y hasta su forma de vestirse y peinarse. Lograron un gran éxito comercial en el Reino Unido a finales de 1962 con su primer sencillo “Love me do”. “Please please me” alcanzó el número dos en el UK Singles Chart en enero de 1963 después de su lanzamiento. A partir de ahí, fueron adquiriendo popularidad internacional a lo largo de los siguientes años. Canciones famosas, como “Yellow submarine”, “Yesterday”, “All you need is love”, “Michelle”, “Let it be” y “Sgt. Pepper’s lonely hearts club band” hicieron que este grupo tuviera un extenso número de giras hasta 1966, año en que cesaron la actividad en vivo para dedicarse únicamente al estudio de grabación hasta su separación en 1970. Después, todos sus integrantes se embarcaron en carreras independientes. Lennon disfrutó de una exitosa carrera en solitario, pero fue asesinado a tiros en 1980; Harrison murió de cáncer en 2001 y McCartney y Starr permanecen activos. Cuatro décadas después de su separación, la música que crearon continúa siendo popular. Se mantienen como el grupo con más números uno en las listas británicas, situando más álbumes en esta posición que cualquier otro grupo. Son los artistas que más discos han vendido en EEUU y han sido galardonados con 7 premios Grammy, y han recibido 15 premios Ivor Novello de la Academia Británica de Compositores y Cantautores. De acuerdo con la misma publicación, la música innovadora de The Beatles y su impacto cultural ayudaron a definir los años sesenta.The Beatles han sido y serán el número uno en la historia de la música.
Carmen Rapado García
Nelson Madela

Nelson Mandela foi o primeiro presidente de Sudáfrica elixido por sufraxio universal. Foi o activista máis importante contra o Apartheid, dirixindo o Congreso Nacional Africano. Foi arrestado e procesado en varias ocasións, despois de organizar diferentes desordes civís, como en Shapperville, que acabou nunha matanza en 1960. Como preso político realizou traballos forzados nunha canteira de sal en condicións moi malas, no cárcere os prisioneiros foron separados por raza, os negros recibían menores cantidades de comida e carecían de privilexios. Estivo vintesete anos no cárcere, aquí creceu enormemente a súa reputación como o líder máis importante de África. Cando o presidente De Klerk, que sustitúe no cargo a Botha, anuncia o comezo do fin do Apartheid, Nelson mandela é liberado, convertíndose en 1994 en presidente de Sudáfrica. Puxo en práctica un programa de reconciliación nacional baseada na práctica democrática da participación da cidadanía. Co seu carisma e o seu sentido da responsabilidade, fixou os cementos da Sudáfrica actual. Participou como mediador nos grandes conflitos continentais africanos, de feito recibe o Premio Nobel da Paz en 1993. A pesar da súa avanzada idade segue traballando a favor de diversas causas humanitarias.
María Isabel Fulgueira Quintás
O Apartheid

María Isabel Fulgueira Quintás
viernes, 21 de mayo de 2010
Mahatma Gandhi

Colaboración de Isabel G. Piñeiro
Bandung: a Descolonización

Colaboración de Isabel G. Piñeiro
viernes, 14 de mayo de 2010
Marilyn Monroe: un símbolo do século XX

Sofía López García
O muro de Berlín


Iván García Costa
lunes, 10 de mayo de 2010
Frida Kahlo

Ana Vila García
sábado, 8 de mayo de 2010
Fidel Castro
Fidel Castro naceu en 1926 en Cuba, fillo de Ángel Castro, un galego de orixe moi humilde alí emigrado. A pesar da mala situación económica da súa familia, Fidel estudiou en Santiago de Cuba e máis tarde en La Habana. Licenciose en Dereito e Ciencias Sociais. Axiña amosou interés na política e nas actividades revolucionarias de esquerda contra a dictadura de Batista. Militou no Partido do Pobo Cubano. En 1949 casou coa súa prometida María Díaz Balart. Fidel seguiu na loita revolucionaria, estivo no fracasado asalto ao Cuartel Moncada en Santiago de Cuba, que o levou a cumprir dous anos de prisión. Foi exiliado a EEUU e despois a México. Aquí preparou un segundo golpe contra o dictador Batista a través da organización dunha guerrilla. Entrou en La Habana en 1959 xunto a Ernesto Che Guevara. Xa no poder, Fidel Castro acércase á URSS, e comeza así a reforma profunda do estado, que pasou pola nacionalización dos recursos cubanos, unha reforma agraria baseada na colectivización, un partido único, o exilio dos opoñentes...Cuba convertiuse nun estado socialista aliñeado á URSS. EEUU contemplou isto como algo moi perigoso, hai que entender o contexto de Guerra Fría do momento. De feito, en 1962, estala a crise dos mísiles, que estivo a punto de acabar nunha guerra nuclear. As negociacións entre o presidente norteamericano Kennedy e o máximo dirixente soviético Jrushev puxeron fin ao conflito. Castro mantivo na illa un réxime marxista-leninista. Mantivo relacións co Terceiro Mundo, e obtivo grandes logros en sanidade e educación. Coa desintegración da URSS e o COMECON os problemas para Fidel e o estado cubano empeoraron. En 2006, Fidel anuncia a súa retirada provisional por enfermidade, en 2008 a súa retirada é definitiva, deixando no mandato ó seu irmán, Raúl Castro.Sasha Suárez Mosquera
A crise dos mísiles de Cuba

Alejandro Pavón Pacior
José Montalbán García
1969: a chegada do home á Lúa
O 20 de xullo de 1969, despois de 109 horas de viaxe desde Florida, e ante millóns de espectadores de todo o mundo, Neil Armstrong puxo o pe na Lúa, ao mesmo tempo que pronunciaba a famosa frase: "Un pequeno paso para o home, un gran salto para a Humanidade". A chegada do home a Lúa foi resultado da carreira espacial entre as dúas grandes superpotencias da Guerra Fría, EEUU e a URSS. En 1959, a URSS conseguiu rodear o satélite da Terra realizando fotografías do lado escuro da mesma. En 1961, o ruso Gagarin foi o primeiro humano que sae ao espazo exterior. A misión americana do Apolo XI de 1969 tiña como obxectivo pisar a Lúa e extraer mostras alí. O programa tiña dúbidas sobre os efectos da gravidade nos astronautas, na súa movilidade e na súa mente. O Apolo XI consegue aterrizar no denominado Mar da Tranquilidade o domingo 20 de xullo de 1969. Aldrin y Armstrong pisaron o solo lunar mentres Collins permaneceu na nave principal. Recolleron mostras de solo e de rochas, instalaron instrumentos científicos e izaron alí a bandeira norteamericana. Esta misión espacial marca o triunfo de EEUU sobre a URSS na carreira espacial. Hoxe en día, EEUU centra a súa atención en Marte.Ignacio Vilariño Rey
A Guerra Fría: Vietnam
A Guerra de Vietnam foi un conflito bélico que enfrontou entre os anos 1858 e 1975 aos estados de Vietnam do Sur, apoiados por EEUU, e vietnam do Norte, apoiado polo bloque comunista, no contexto xeral de Guerra Fría e das relacións internacionais bipolares. A República Democrática de Vietnam tivo o apoio dos movementos guerrilleiros de Corea do Norte, o Vietcong e os suministros da URSS ; Corea do Sur recibiu axuda das tropas de combate dos EEUU, ademáis de Australia, Nova Zelanda, sen olvidar os suministros materiais e o equipamento médico de Reino Unido e alemania entre outros. A Guerra de Vietnam non seguiu os cauces tradicionais da guerra de frontes, senón que foi unha "guerra de guerrillas", de "búsqueda e destrucción", xunto a numerosas accións de sabotaxe nas áreas urbanas. Houbo bombardeos masivos, empregáronse poderosas armas químicas e biolóxicas. As noticias dos medios de comunicacións occidentais amosaron os continuos abusos aos dereitos humanos cometidos na guerra. Ante as protestas da sociedade estadounidense, asínanse os Acordos de paz de París en 1973. Sen embargo, o conflito prosigue ata a unificación de Vietnam, como República Socialista en 1976. A guerra causara a morte de máis de dous millóns de persoas, a maior parte civís. Os danos medioambientais foron moi graves. Para os EEUU o conflito foi máis longo do que esperaban nun principio, este país sufriu unha gran derrota moral xurdindo o denominado "síndrome do Vietnam" en moitos cidadáns, isto se viu reflexado no mundo cultural e no cine.Melanie García Vázquez
Un episodio da Guerra Fría: A guerra de Corea

Despois da derrota de Xapón tras a II Guerra Mundial, o norte da península coreana foi ocupada polas tropas da URSS, e o sur, a partir do paralelo 38º, por EE.UU. A pesar dos acordos internacionais, nin as dúas grandes potencias nin a ONU conseguiron a unificación En 1949 produciuse a retirada dos soviéticos e dos estadounidenses, polo que a división de Corea se consolidou. Corea do Norte posuía unha maior riqueza industrial, eran comunistas (República de Corea) e Corea do Sur tiña mais recursos agrarios, estaba gobernada por unha ditadura militar (República Democrática Popular de Corea). Co triunfo da revolución comunista en China, Stalin, deu o seu acordo a un ataque norcoreano a Corea do Sur. O 25 de Xuño de 1950 as tropas de Corea do norte atravesan o paralelo 38º cara ó sur quedou reducida en torno a Pusan. A reacción norteamericana foi inmediata, Washington conseguiu un mandato da ONU para facerlle fronte a Corea do Norte. Gracias a isto Corea do Sur recuperou rapidamente o terreo perdido e tomaron a Seul como capital. O exército chino, co apoio do soviético sacou ó norteamericano de Corea. Foi cando o xeneral estadounidense, MacArthur, propuxo o bombardeo atómico ó norte de China. Isto levou a negociacións que rematan coa guerra de Corea o 17 de Xullo de 1953, despois da morte de Stalin. Finalmente, acordouse unha liña divisora entre Corea do Norte e Corea do Sur tomando como referencia ó paralelo 38º.
Ana María Meilán Sánchez
José Antonio Rodríguez Carballo
viernes, 7 de mayo de 2010
O Plan Marshall
Foi un plan dos EEUU para a reconstrucción de Europa tras a II Guerra Mundial. Recibiu o nome do secretario dos EEUU, George Marshall. Os feitos que deron lugar á decisión por parte dos EEUU de levar a axuda a Europa foron; o debilitamento inglés no Mediterráneo, no Golfo Pérsico e no Índico, cada vez tiñan menos bases estratéxicas e era máis difícil deter a posible expansión comunista. Ó mesmo tempo, se tiña medo á incorporación dos comunistas nos gobernos de varios países europeos. Cando Truman anticipaba a súa doctrina, Marshall advertía aos gobernos europeos que, de non mediar unha axuda económica-financeira, toda Europa Occidental caería nas mans da dominación soviética. Finalmente, o Plan Marshall asínase en 1948, creándose a OECE (Organización de Cooperación Económica) para coordinar a distribución das axudas. Estas consistiron en varios millóns de dólares en manufacturas, créditos e alimentos destinados a case toda Europa Occidental.Verónica Gómez Vázquez
domingo, 11 de abril de 2010
La bomba atómica
Raquel Nogueira Fuertes
Tamara de Lempicka
Tamara de Lempicka (1898-1980) foi unha pintora polaca que destacou pola beleza dos seus retratos femininos. Naceu no seo dunha familia de clase alta. Xa de nena era autoritaria e tiña un forte carácter. En 1910 pinta o seu primeiro retrato; o da súa irmá. Nun viaxe a Italia descobre a súa paixón pola arte. Casou en San Petersburgo cun nobre polaco, alí levaban unha vida de luxo, ao estalar a Revolución rusa o seu esposo é detido, e comezan despois unha nova vida en Dinamarca e máis tarde en París. Alí realiza exposicións en diferentes galerías. Trala separación do seu esposo, Tamara coñece a un coleccionista de arte, co que casa, e xuntos, vanse a vivir a EEUU. Alí faise famosa entre a burguesía de New York e de Chicago, donde traballa xunto a Willem de Kooning e Georgia O'Keefe. A pintora morre en 1980, as súas cinzas son lanzadas desde un helicóptero ao cráter do volcán Popocatepetl. O legado que deixou Tamara de Lempicka foi principalmente o tema da muller na pintura. Os seus retratos femininos seguen o estilo do art decó, con influencias do Renacemento italiano (Botticelli e Bronzino). Retratou moitas veces a súa filla, e a mulleres relacionadas coa burguesía artística de París e New York. As súas pinturas chamaron sa atención das grandes estrelas do espectáculo, de feito Madonna ten algunhas das creacións de Tamara de Lempicka.Melanie García Vázquez
sábado, 10 de abril de 2010
Rohmel: "El zorro del desierto"
Erwin Johannes Rommel, chamado o Zorro do Deserto (der Wüstenfuchs) naceu en Heidenheim no ano 1891 e xusto dezanove anos máis tarde alístase no exército alemán. Participou na Primeira Guerra Mundial no grao de alférez, e durante a loita ascendeu a tenente. A súa actuación valeulle a Cruz de Ferro de Primeira Clase e a Medalla ao Mérito Militar. Ao finalizar a guerra, continuou no reducido exército alemán ao mando dun batallón e ao mesmo tempo traballou como profesor en distintas academias militares. O ascenso ao poder do partido nazi e a política hitleriana de rearme supuxeron un xiro decisivo na súa carreira. Desde o principio da Segunda Guerra Mundial, e xa con rango de xeneral, entrou a formar parte do cuartel xeral de Hitler. Na ofensiva alemá ao canal da Mancha en 1940, Rommel dirixiu a VII División Blindada e tivo un papel relevante na ruptura das liñas aliadas no Mosa e a posterior penetración que conduciu á vitoria alemá. Pola súa rapidez de movementos, a súa unidade foi coñecida como “a División Fantasma”. Ao ano seguinte, foi ascendido a comandante do Afrika Korps no norte de África para apoiar aos italianos na guerra do deserto. Acadou unha brillante folla de servizos como estratega de guerra no deserto, ao expulsar aos británicos de Libia e facelos retroceder ata Exipto, cara ano 1942; as súas vitorias valéronlle o ascenso a mariscal de campo e outorgáronlle o alcume de “O zorro do deserto”(der Wüstenfuchs). En Alemaña era coñecido como “O mariscal do pobo” e os árabes víano como unha especie de liberador do dominio colonial británico. Finalmente, cando andaba escaso de material e combustible, foi vencido polo VIII Exército Británico en Exipto e tivo que retirarse, regresando ao seu país en 1943 (antes da rendición definitiva dos Afrika Korps) nese mesmo ano fíxose cargo das defensas do Muro do Atlántico en Francia e do grupo Exército B. A pesares de que en 1944 comezou a comandar ós exércitos alemáns encargados da defensa do norte de Francia, non se puido evitar o desembarco dos aliados en Normandía. En xuño dese mesmo ano foi ferido nun ataque aéreo e, aínda convalecente, foi acusado de formar parte do complot para matar a Hitler no mes de xullo de 1944 (a chamada conspiración de xullo). Hitler que non quería un xuízo contra o popular “Mariscal do Pobo” e a súa consecuente execución, ofreceulle como alternativa o suicidio a cambio da seguridade e o bo nome da súa familia. O 14 de outubro de 1944, Rommel tomou o veleno que lle levaron dous xenerais por encargo de Hitler, posteriormente sería enterrado cos mais altos honores.
Uxía Gómez Méndez
El diario de Ana Franck

Antía García Diéguez
Carmen Rapado García
El guetto de Varsovia

Antía García Diéguez
Os experimentos do Doutor Mengele

Raquel Almuiña Casas
Mª Isabel Fulgueira Quintás