sábado, 12 de junio de 2010

A Guerra Civil (1936-1939)

A Guerra Civil Española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso do golpe de Estado dun sector do exército contra o goberno da Segunda República española, e que durou do 17 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista. O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde, pero a morte dos dous primeiros en acidentes aéreos deixaron no poder a Franco, hai rumores que este accidentes aéreos foron provocados por el para chegar o poder do bando nacional. Houbo un Pacto de Non Intervención polo cal as potencias extranxeiras non intervirían no conflito pero as potencias europeas seguiron apoiando cada unha o bando que tiña unha ideoloxía máis parecida a súa. O bando dos Republicanos era o dos fieis á República, eran os comunistas, anarquistas, socialistas e nacionalistas de esquerdas, é dicir a maioría eran campesiños, obreiros e burguesía de clase medía. Recibiu axudas externas por parte da URSS con armamento e tropas, de México con rifles e comida e protección os exiliados, Francia o comezo da guerra ata o Pacto de Non Intervención e as Birgadas Internacionais, que eran voluntarios que estaban a favor da República e querían intervir na guerra axundándoos na loita polos seus ideais. Nun principio, o bando republicano tiña Madrid, Cataluña, Asturias, País Vasco, Cantabria e todo o Levante,Castela a Mancha e parte de Andalucía e Aragón. O bando Nacional eran os sublevados e eran falanxistas e de dereitas, é decir maioritariamente era alta burguesía, Igrexa e as clase máis conservadoras. recibiu axudas externas por parte de Alemaña con asesores e técnicos militares e a Lexión Cóndor, Italia coa Aviación Lexionaría e voluntarios, Portugal con voluntarios e Irlanda cos "camisas azuis irlandeses". Nun comezo o bando nacional tiña Galicia, Castela León, norte de África, Canarias, Mallorca e parte de Andalucía e Aragón. Pouco a pouco o bando nacional iría conquistando todo o occidente e norte de España quedándolle no 1937 só o Levante,Castela A Mancha e Madrid. As batallas máis importantes foron a Batalla do Norte, co tristemente coñecido bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor,a durísima batalla do Ebro, a de Belchite e Brunete. O un de abril de 1939 acaba a guerra coa victoria dos nacionais o conquistar a capital do estado. Comezaría unha dictadura ata 1975 en España, os republicanos tiveron que saír cara ó exilio.

Juan Varela Armas

No hay comentarios:

Publicar un comentario