viernes, 18 de junio de 2010

A oposición ó Franquismo: os fuxidos


Benigno Andrade García, o Foucellas, naceu en 1908 nunha parroquia do concello de Mesía. Comezou traballando como xornaleiro nunha leitería e, anos despois, foi traballar ás minas de carbón do Bierzo. En 1934 regresa a curtis, donde casa con María Pérez, coa que ten dous fillos. María traballaba para o doutor Manuel Calvelo e a súa muller Isabel Ríos, parella que impulsa unha célula comunista apoiada por Benigno. O levantamento franquista o leva a loitar en Galicia en defensa da República. Durante os anos da guerra, o Foucellas non abandonou a súa comarca, vivíu na clabdestinidade baixo a protección de amigos e familiares. Convencido da causa republicana, e fuxindo das represalias que se aveciñaban co ascenso do fascismo, vese na obriga de fuxir ao monte. Foucellas estaba acusado de comunismo e de expropiación de armas e dinamita. En 1945, resulta ferido e uns amigos o levan a un sanatorio de A Coruña donde é operado. Nesta época se conta que ía ao estadio de Riazor a ver o Deportivo vestido de cura, para evitar sospeitas, xa que se convertira nun dos fuxidos galegos máis buscados. Benigno Andrade foi parte integrante do Exército Guerrilleiro de Galicia, combatindo na V e na IV Agrupación do mesmo. En 1952 prodúcese a súa caida. A Garda Civil dispara a Benigno, é detido e torturado. Enfróntase a un consello de guerra que o condena a morte por garrote ese mesmo ano.
Uxía Gómez Méndez
Sasha Suárez Mosquera

No hay comentarios:

Publicar un comentario