miércoles, 2 de junio de 2010

Nelson Madela



Nelson Mandela foi o primeiro presidente de Sudáfrica elixido por sufraxio universal. Foi o activista máis importante contra o Apartheid, dirixindo o Congreso Nacional Africano. Foi arrestado e procesado en varias ocasións, despois de organizar diferentes desordes civís, como en Shapperville, que acabou nunha matanza en 1960. Como preso político realizou traballos forzados nunha canteira de sal en condicións moi malas, no cárcere os prisioneiros foron separados por raza, os negros recibían menores cantidades de comida e carecían de privilexios. Estivo vintesete anos no cárcere, aquí creceu enormemente a súa reputación como o líder máis importante de África. Cando o presidente De Klerk, que sustitúe no cargo a Botha, anuncia o comezo do fin do Apartheid, Nelson mandela é liberado, convertíndose en 1994 en presidente de Sudáfrica. Puxo en práctica un programa de reconciliación nacional baseada na práctica democrática da participación da cidadanía. Co seu carisma e o seu sentido da responsabilidade, fixou os cementos da Sudáfrica actual. Participou como mediador nos grandes conflitos continentais africanos, de feito recibe o Premio Nobel da Paz en 1993. A pesar da súa avanzada idade segue traballando a favor de diversas causas humanitarias.
María Isabel Fulgueira Quintás

No hay comentarios:

Publicar un comentario