sábado, 10 de abril de 2010

Rohmel: "El zorro del desierto"


Erwin Johannes Rommel, chamado o Zorro do Deserto (der Wüstenfuchs) naceu en Heidenheim no ano 1891 e xusto dezanove anos máis tarde alístase no exército alemán. Participou na Primeira Guerra Mundial no grao de alférez, e durante a loita ascendeu a tenente. A súa actuación valeulle a Cruz de Ferro de Primeira Clase e a Medalla ao Mérito Militar. Ao finalizar a guerra, continuou no reducido exército alemán ao mando dun batallón e ao mesmo tempo traballou como profesor en distintas academias militares. O ascenso ao poder do partido nazi e a política hitleriana de rearme supuxeron un xiro decisivo na súa carreira. Desde o principio da Segunda Guerra Mundial, e xa con rango de xeneral, entrou a formar parte do cuartel xeral de Hitler. Na ofensiva alemá ao canal da Mancha en 1940, Rommel dirixiu a VII División Blindada e tivo un papel relevante na ruptura das liñas aliadas no Mosa e a posterior penetración que conduciu á vitoria alemá. Pola súa rapidez de movementos, a súa unidade foi coñecida como “a División Fantasma”. Ao ano seguinte, foi ascendido a comandante do Afrika Korps no norte de África para apoiar aos italianos na guerra do deserto. Acadou unha brillante folla de servizos como estratega de guerra no deserto, ao expulsar aos británicos de Libia e facelos retroceder ata Exipto, cara ano 1942; as súas vitorias valéronlle o ascenso a mariscal de campo e outorgáronlle o alcume de “O zorro do deserto”(der Wüstenfuchs). En Alemaña era coñecido como “O mariscal do pobo” e os árabes víano como unha especie de liberador do dominio colonial británico. Finalmente, cando andaba escaso de material e combustible, foi vencido polo VIII Exército Británico en Exipto e tivo que retirarse, regresando ao seu país en 1943 (antes da rendición definitiva dos Afrika Korps) nese mesmo ano fíxose cargo das defensas do Muro do Atlántico en Francia e do grupo Exército B. A pesares de que en 1944 comezou a comandar ós exércitos alemáns encargados da defensa do norte de Francia, non se puido evitar o desembarco dos aliados en Normandía. En xuño dese mesmo ano foi ferido nun ataque aéreo e, aínda convalecente, foi acusado de formar parte do complot para matar a Hitler no mes de xullo de 1944 (a chamada conspiración de xullo). Hitler que non quería un xuízo contra o popular “Mariscal do Pobo” e a súa consecuente execución, ofreceulle como alternativa o suicidio a cambio da seguridade e o bo nome da súa familia. O 14 de outubro de 1944, Rommel tomou o veleno que lle levaron dous xenerais por encargo de Hitler, posteriormente sería enterrado cos mais altos honores.

Uxía Gómez Méndez


No hay comentarios:

Publicar un comentario