domingo, 11 de abril de 2010

Tamara de Lempicka

Tamara de Lempicka (1898-1980) foi unha pintora polaca que destacou pola beleza dos seus retratos femininos. Naceu no seo dunha familia de clase alta. Xa de nena era autoritaria e tiña un forte carácter. En 1910 pinta o seu primeiro retrato; o da súa irmá. Nun viaxe a Italia descobre a súa paixón pola arte. Casou en San Petersburgo cun nobre polaco, alí levaban unha vida de luxo, ao estalar a Revolución rusa o seu esposo é detido, e comezan despois unha nova vida en Dinamarca e máis tarde en París. Alí realiza exposicións en diferentes galerías. Trala separación do seu esposo, Tamara coñece a un coleccionista de arte, co que casa, e xuntos, vanse a vivir a EEUU. Alí faise famosa entre a burguesía de New York e de Chicago, donde traballa xunto a Willem de Kooning e Georgia O'Keefe. A pintora morre en 1980, as súas cinzas son lanzadas desde un helicóptero ao cráter do volcán Popocatepetl. O legado que deixou Tamara de Lempicka foi principalmente o tema da muller na pintura. Os seus retratos femininos seguen o estilo do art decó, con influencias do Renacemento italiano (Botticelli e Bronzino). Retratou moitas veces a súa filla, e a mulleres relacionadas coa burguesía artística de París e New York. As súas pinturas chamaron sa atención das grandes estrelas do espectáculo, de feito Madonna ten algunhas das creacións de Tamara de Lempicka.
Melanie García Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario