

Din que o Día D foi o día máis longo da historia. É o día en que as tropas aliadas atacan ós alemáns nas costas de Normandía, para gañar parte do territorio e lograr retroceder aos nazis. Non foi unha tarefa doada, a preparación foi longa. No desembarco participaron acoirazados, destrutores, cruceiros, máis de mil lanchas de desembarco, bombardeiros, cazas, planadores e avións de transporte. Na gran forza aliada participaron norteamericanos e británicos principalmente, pero tamén canadenses, franceses e polacos. Xa en terra, esperando había tropas belgas, checas e holandesas. Os alemáns tiñan preparadas as súas tropas, infantería, acoirazados, bombardeiros, cazas, lanchas, submarinos e destrutores. Estas tropas estaban dirixidas por Rommel. Hitler estaba convencido de que a invasión era unha estrataxema dos contrarios, e que a verdadeira invasión ía ser polo río Sena. No momento do ataque os aliados tiñan pensada unha estratexia para facer crer a Hitler que o ataque sería en Calais. Debido a este erro, os aliados apoderáronse do Occidente de Europa, o que significou o comezo do fin da II Guerra Mundial. Desembarcaron 250 000 homes na costa francesa. Grazas á toma de Normandía, os aliados lograron avanzar ata París e cara o Rhin. A guerra estaba gañada.
Iván García Costa
No hay comentarios:
Publicar un comentario