sábado, 10 de abril de 2010

Batallas da II Guerra Mundial: Stalingrado


A batalla de Stalingrado foi un enfrontamento entre as forzas alemanas e o exército soviético. Foi a máis sanguenta da II Guerra Mundial, deixando case dous millóns de mortos. Consistiu nun conxunto de combates librados entre o verán de 1942 e o inverno do seguinte ano ó redor da cidade de Stalingrado. Hitler tiña un gran interés en apropiarse dos recursos petrolíferos do Cáucaso. A batalla finalizou coa rendición das tropas alemanas tras as feroces carnicerías xunto ao Volga. Foi a primeira derrota de Adolf Hitler na guerra continental, e marcou o cambio de signo na contenda, o que daría lugar á victoria dos aliados en 1945. Na batalla cabe salientar o gran número de baixas do exército alemán. O crú inverno ruso xogou un importantepapel nesta histórica batalla levada ó cine recentemente.
Jennifer García Mariño


A batalla de Stalingrado foi o episodio máis dramático da II Guerra Mundial, e deu un xiro total á contenda. Esta batalla reuniu unha serie de combates en torno á cidade de Staligrado entre 1942 e 1943. As tropas alemanas viñan dunha gran victoria da Guerra Relámpago e avanzaban vigorosamente, pero houbo nun momento no que o exército alemán se dividiu co obxetivo de ocupar Stalingrado, no Volga , un punto clave para avanzar hacia o sur, hacia o Caucaso. En agosto de 1942 o VI exército,ás ordes do xeneral Friedrich Von Paulus, avanzou hacia Stalingrado empezando así un período de terribles enfrontamentos nas rúas ó intentar sacar as forzas rusas da cidade. Esta división non serviu de moito xa que as tropas nazis atopáronse cunha resistencia soviética. En 1942 o exército alemán xa avanzaran ata Stalingrado, non parecía dificil ocupar esta cidade, xa que ían saltando obstáculos hacia as riquezas petrolíferas, carboníferas e de magnesio de Cáucaso. Pero a poboación e o exército vermello amosaron unha gran resistencia e valentía. Stalin ordenou que todos aqueles que abandonaran a súa posición de defensa sería executado, o exercito alemán tamén eliminaba os que fuxían. Os peor equipados eran os rusos, e, ainda que poñían todas as súas forzas, os alemán os tiñan acorralados. A cidade converteuse nun sanguento campo de batalla; os bombardeos continuos, os combates diarios, un millar de avións sobrevolando Stalingrado, a artillería nazi atacando... Sen embargo, os rusos resistían. Os nazis estaban desmoralizados, tiñan mellor tecnoloxía pero quedaron atrapados nunha maniobra rusa, tiveron que rendirse. Para Alemaña esta derrota foi unha humillación. Stalingrado cambiou o signo da II Guerra Mundial.

Sasha Suárez Mosquera

No hay comentarios:

Publicar un comentario