miércoles, 7 de abril de 2010

As Vangardas de Entreguerras: Miró


"La masía" é unha obra de Joan Miró realizada en 1921. Este autor se encadra no Surrealismo, movemento artístico que se desenvolve na etapa de entreguerras. O cadro amósanos as riquezas da súa terra natal, Cataluña. Todos os obxectos están illados e traballados con moito esmero, son obxectos cotiás representados con claridade e nitidez; aparecen animais domésticos e vexetais da vida diaria no campo. Miró altera a disposicións destes obxectos, por exemplo, fai desaparecer a parede do establo para que poidamos ver o que hai no interior do mesmo; e tamén nos amosa as raíces da árbore do centro da obra. O autor varía a perspectiva dos obxectos, de xeito que aparezan de fronte e outros de prfil, como a regadeira e máis o caldeiro. O uso desta perspectiva ten moito que ver co Cubismo, movemento revolucionario e rupturista descuberto por Picasso a principios do século XX. En "La masía" de Miró predomina o espazo dos soños, o que vai máis alá da realidade, amósanos un espazo "suprarreal". Miró pinta este cadro en París, rememorando a paisaxe catalá, o que pinta é deformado pola memoria, polo seu subconsciente, unha das características do Surrealismo. Sen embargo, o Surrealismo de Miró, baséase na pintura de signos. Vai afastándose da figuración para achegarse, en obras posteriores ó abstracto. Abre unha nova vía ou camiño na historia da arte.
Melanie García Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario