sábado, 10 de abril de 2010

O armamento da II Guerra Mundial

O junker Ju87 ou Stuka foi un avión de ataque empregado pola Luffeware durante a II Guerra Mundial, moi recoñecible polas súas ás de gaivota invertidas. Era estable, preciso e moi efectivo, aínda que pola súa antigüidade era lento e difícil de maniobrar e vulnerable frente os caza inimigos. Os alemáns aprenderon na Batalla de Inglaterra a importancia da superioridade aérea, de ahí o seu uso na táctica da "guerra relámpago" que tantas victorias lles fixo acadar. A velocidade do avión era de 550 kilómetros por hora, a súa carga normal era dunha bomba de 500 kg e despregaba unhas aletas que emitían un ruído aterrrador.
José Gómez Pardellas



Se nos situamos na II Guerra Mundial, podemos falar dunha serie de vehículos que se empregaron durante a mesma. Entre eles, podemos destacar ós seguintes: DUKW, Kübelwagen, o vehículo de recoñecemento Tipo 95 e o Willys MB. Estes vehículos usábanse principalmente para o transporte, tanto de pasaxeiros como de armas ou mercadorías necesarias para a guerra, e rara vez estaban inmersos na parte máis profunda dos combates, xa que non estaban o suficientemente preparados nin tiñan un deseño axeitado. Para este fin, o de combater, os alemáns idearon unha máquina moito máis poderosa e apropiada: o Panzer.


O Panzer foi un carro blindado da Alemaña nazi empregado na II Guerra Mundial. Foron diversas as evolucións deste aparello. Neste caso ímonos a centrar nos comezos do carro, que foi creado para contrarrestar ao T-34, que era o vehículo de combate que empregaban as forzas da Unión Soviética. Foi un carro con diversos nomes (Sd. Kfz, Panzerkampwagen…) pero en 1944, Hitler ordenou que dende aquel momento, o tanque debía ser coñecido única e exclusivamente co nome de Panther. En 1943, sacouse a combate por primeira vez ao Panther. Heinz Guderian, que era o director da fábrica onde se construían, afirmou que non era recomendable facer entrar en combate tan pronto aos tanques, pois o seu desenrolo non estaba completado. Pero Hitler non foi capaz de esperar e ignorou as voces de Guderian. Craso erro, pois os primeiros tanques estiveron pragados de problemas mecánicos. As cadeas e a suspensión rompían a miúdo, e o motor era propenso a requentarse e estalar en chamas. Nos comezos, eran máis os Panzer que quedaban fora de servizo por fallos propios que os que eran destruídos pola acción inimiga. Durante os primeiros enfrontamentos, o T-34 mostrouse superior ao Panzer alemán e por isto, os alemáns enviaron a un equipo que valorase e investigase o funcionamento do T-34. Decatáronse de que este último era superior en blindaxe, rodas e canón. Entón, os enxeñeiros alemáns puxéronse mans á obra e constuíron 2 modelos. Un case idéntico ao T-34 e outro que destacaba por ser máis poderoso e diferente do soviético. Evidentemente, o escollido para os combates foi o último. Despois disto, a evolución do Panzer seguiu o seu curso e apareceron as sucesivas versións II, III, IV, que incorporaban cada vez máis melloras. Logo fabricaron a versión V, sendo esta a última e definitiva. O Panther V estaba constituído por un blindaxe inclinado e un canón sobresaínte (principais características non comúns nos deseños alemáns). Pesaba unhas 43 toneladas e estaba propulsado por un motor Maybach HL 230 V-12 de 23 litros, que entregaba aproximadamente uns 700cv de potencia a 8 rodas dobres entrelazadas de aceiro e rodas de goma en cada lado cunha suspensión escalonada de barra de torsión.
Javier Cabana Soengas

No hay comentarios:

Publicar un comentario