jueves, 8 de abril de 2010

O Surrealismo: Miró


Miró foi un pintor surrealista, el mesmo creou un universo propio de signos, cores, formas e obxectos. O Surrealismo foi un movemento artístico que se desenvolve no período de Entreguerras.Foi unha época de grandes tensións sociais, na que se produce unha crise de valores que se manifesta na arte. O Surrealismo buscaba o irracional a través do mundo dos soños e do subconsciente. Nos cadros surrealistas aparecen imaxes sen lóxica, afastadas da razón, son o produto dos soños, neles, o subconsciente queda liberado. Esta obra de Miró, "Interior holandés I", é do ano 1928. Representa unha escena de interior, nunha habitación da que vemos dúas paredes. Nela aparecen obxectos e figuras colocados sen sentido; son obxectos que se refiren ao mundo animal, algún instrumento musical e unha paisaxe de mar con paxaros voando, ademáis dunha casa e árbores ao lonxe. Miró plasma neste cadro a súa gran fantasía e imaxinación. Rememora o seu propio universo de signos. Miró foi un pintor orixinal, único e irrepetible.
Ana VilaGarcía

No hay comentarios:

Publicar un comentario