lunes, 10 de mayo de 2010

Frida Kahlo


Frida Kahlo foi unha coñecida pintora mexicana cunha obra persoal complexa e difícil de clasificar. A súa pintura é o espello da súa dolorosa vida. Frida naceu en Coyoacan, en México, case coa Revolución. Isto marcou o seu carácter, xa que sempre amosou a súa independencia, ademáis de estar sempre orgullosa da súa patria e as tradicións desta. A súa vida quedou marcada polo gran sufrimento físico pola enfermidade que tivo de pequena, a poliomelite; e co accidente de tranvía que lle deixou lesións permanentes na columna, o abdome e o útero. Como tivo que pasar moito tempo en repouso, dedicouse á pintura. Moitos dos seus lenzos son autorretratos nos que aparece con traxes tradicionais, con moita cor, e co cello unificado, a súa marca persoal. Casou co gran pintor mexicano, Diego Rivera, con quen tivo altibaixos na súa relación amorosa, xa que existiron infidelidades por ámbalas dúas partes. Os dous estiveron vinculados ao Partido Comunista, de feito, o propio Trotsky, exiliado da URSS, viviu con eles na casa de Coyoacan. Frida, o mesmo que Diego Rivera, realizou exposicións en Europa e nos EEUU. Frida morreu en 1954, aturando grandes dores e despois de moitos meses de depresión. O seu ataúde foi cuberto cunha bandeira do Partido Comunista. Na súa obra, como xa se dixo anteriormente, reflicte o seu sufrimento interior, a imposibilidade de ser nai, a súa traxedia interior. Foi considerada unha autora surrealista cun gran selo persoal.
Ana Vila García

No hay comentarios:

Publicar un comentario