viernes, 14 de mayo de 2010

Marilyn Monroe: un símbolo do século XX


O seu nome era Norma Jean Mortenson. Naceu o 1 de xuño de 1926 e tivo unha infancia moi dura, rodeada de miseria, incluso parece ser que sufriu abusos sexuais de nena. A súa nai foi internada nun psiquiátrico, polo que Norma Jean viviu en varios orfanatos e casas de acollida. Casa por primeira vez aos dezaseis anos, e de casualidade, un fotógrafo a ve e ela acepta posar para unhas fotografías publicitarias. O director Howard Hughes ve esas fotos e queda prendado dela. Faille unhas probas para a RKO, per se lle adianta a Century Fox que lle deu o nome artístico de Marilyn Monroe. As súas primeiras aparicións foron en películas como "Eva ó desnudo", cun pequeno papel; ""Os cabaleiros as prefiren loiras" e "Como casar cun millonario". Con "Niágara" acadou un gran éxito, convertíndose nun gran mito sexual. Os seus papeis eran de loira guapa,tonta e superficial. Pero ela sempre soubo darlle un toque de inocencia e convertir escenas en verdadeiros gags de comedia clásica. Anos máis tarde decide dar un xiro a súa filmografía, de ahí a rodaxe de "Vidas rebeldes" de John Houston, donde realiza unha gran labor interpretativa. A súa vida persoal foi moi complexa e triste xa que padecía depresións constantes, e dependía das drogas e do alcohol. Isto deulle problemas constantes nas rodaxes dos filmes que protagonizaba. Casou co xogador de baseball Joe Di Maggio e despois co escritor Arthur Miller, divorciándose de ambos despois dunha difícil convivencia. Os seus romances foron moi sonados, se relacionou co presidente dos EEUU, John Kennedy. Marilyn morre tráxicamente, suicídase o 5 de agosto de 1962, despois de inxerir unha sobredose de barbitúricos.
Sofía López García

No hay comentarios:

Publicar un comentario