sábado, 8 de mayo de 2010

A crise dos mísiles de Cuba


A maior confrontación entre EEUU e a URSS durante a Guerra Fría tivo lugar no Caribe en outubro de 1962. Foi a chamada crise dos mísiles de Cuba e puxo o mundo ao borde dunha guerra nuclear. En 1961, Fidel Castro proclamou de forma oficial o carácter socialista do seu goberno. A URSS garantiu a Cuba importantes recursos económicos, asesoría militar e armamento. Entre estes últimos estaban os mísiles nucleares de medio alcance. Iniciouse así a construcción en Cuba de rampas de cohetes capaces de chegar en poucos minutos á zona sureste dos EEUU. Os avións espías estadounidenses fotografiaron as bases de lanzamento desatándose así o pánico. O presidente dos EEUU pensou na resposta: un bloqueo militar, unha invasión, un ataque aéreo...Ó final optou pola alternativa do bloqueo naval parta deter a chegada de máis cohetes á illa, ademáis de demandar á URSS a retirada inmediata das armas atómicas de Cuba. O dirixente soviético, Kruschev aeptou as condicións por vía diplomática, nunha mensaxe pacificadora. EEUU comprometeuse a non invadir a illa e a levantar o bloqueo naval, e a URSS retirou os misís nucleares. O fin da crise de 1962 supuxo un avance cara o fin da Guerra Fría.
Alejandro Pavón Pacior
José Montalbán García

No hay comentarios:

Publicar un comentario