lunes, 15 de marzo de 2010

San Petersburgo: a cidade dos zares


San Petersburgo, capital do Imperio dos zares, foi fundada por Pedro "O Grande". a principios do século XVIII. A pesar de estar situada nas altas latitudes, o zar desenvolveu unha gran obra para convertila nunha luxosa capital, esto foi posible ao traballo de miles de servos. O soño do zar era a apertura cara o mar dun gran imperio terrestre e, en gran parte, xeado. San Petersburgo ábrese ao Mar Báltico a través da desembocadura do río Neva. En 1914, coa I Guerra Mundial, a cidade pasa a denominarse Petrogrado. Durante estes anos, a cidade veu como os soviets de obreiros e soldados, convocaban largas xornadas de folgas que daban lugar a importantes tensións sociais. En febreiro de 1917, a revolución da lugar á formación dun goberno provisional, dirixido por Kerensky. A cidade deixou de ser o símbolo do absolutismo zarista. Coa revolución bolxevique de outubro de 1917, Lenin traslada a capital a Moscova. Coa morte de Lenin en 1924, a cidade de San Petersburgo foi rebautizada como Leningrado no seu honor. A cidade foi destruida en gran parte durante a II Guerra Mundial debido os constantes bombardeos ordenados por Hitler. Finalizada esta, a cidade comeza a súa reconstrucción, outorgándoselle o título de "Cidade Heroica". Co fin da URSS en 1991, a cidade retoma o seu antigo nome: San Petersburgo. Hoxe en día é Patrimonio da Humanidade.
Jennifer García Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario