Rosa Luxemburg foi unha muller que desempeñou un papel importante no movemento socialista revolucionario na República de Weimar. Naceu en Polonia, no seo dunha familia xudía. En Varsovia comezou a frecuentar asociacións políticas. Tivo que fuxir de Polonia para evitar a cadea polas súas actividades políticas. Instalouse en Suiza e máis tarde emigrou a Alemaña. Afiliouse ao Partido Socialdemócrata Alemán, para logo crear, xunto a Karl Liebnecht, o grupo Espartaquista. Foi detida novamente, e tras ser posta en liberdade, colaborou na fundación do Partido Comunista alemán, tras os sucesos de Rusia. Rosa Luxemburg opúxose á violencia, de feito criticou a represión dos bolxeviques. Sen embargo tomou parte no levantamento espartaquista en Alemania en 1919, e foi executada xunto a Karl Liebnecht en Alemania nese mesmo ano.
Ana Vila García
Ana Vila García
No hay comentarios:
Publicar un comentario