lunes, 15 de marzo de 2010

O charleston

Este estilo de baile practicouse nos anos 20 e foi sinónimo de diversión neste período. Orixinouse en 1903 como unha danza foklórica negra na cidade de Charleston, en Carolina do Sur. Chegou a convertirse nunha moda popular despois da sua presentación nun musical negro, tendo gran difusión primeiro en EEUU e máis tarde en Europa, ainda que foi perdendo as suas orixes. Podía bailarse só ou en parella, tamén en grupos en compases de catro por catro. Utilizábanse patadas e pasos como o famoso Susy Q e o xiro sobre un pe, tocando o talón á vez e aplaudindo alternativamente.O crarlestón foi o protagonista das noites e da diversión. As mulleres maquillábanse, fumaban, bebían, ata levaban pantalóns. O único que importaba era divertirse.
Jorge Gallego Rivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario