lunes, 15 de marzo de 2010

Os sucesos de Ekaterimburgo

O 4 de xullo de 1918, ante o avance das lexións Checoslovacas (Exército Branco) cara á cidade de Ekaterimburgo, temeuse que as tropas liberasen á Familia Real e tentasen restaurar o réxime do Tsar que perdurara no país durante anos anteriores. O 13 de xullo un escuadrón de soviets dos Urais recibiu a orde de executar a toda a familia. Na medianoite do 17 de xullo, o Tsar, xunto cos integrantes da familia foron levados ao soto da casa Ipatiev onde estaban encarceados, xunto a algúns serventes próximos, un médico leal e mesmo o can do neno. O pretexto era que se lles ía a tomar unha fotografía antes de partir. Nicolás II colocou ao herdeiro nos seus xeonllos mentres tomaba asento xunto á emperatriz, as fillas sentaron atrás e os serventes e o médico aos costados, de pé. Pasaron uns instantes e repentinamente entrou Yakov Yurovsky con revólver en man e 17 soldados armados con fusís. CandoYurovsky levantou o revólver e declarou ó Tsar que o pobo ruso o condeara á morte, o Tsar alcanzou a dicir: ”¿Que?”. Pero unha bala disparada por Yurovsky xa se dirixía cara o seu corazón neses intres. A orde fora apuntar ao corazón para evitar o derramamento de moito sangue e rematar máis rápido. Logo foron fusiladas as outras 11 persoas que estaban no soto. As nenas, que levaban corpiños apertados cargados no seu interior con xoias, non morreron inmediatamente polo que foron rematadas coa baioneta. Posteriormente os corpos foron levados en camións e depositados nunha mina abandoada. Ao día seguinte, Yurovsky, temendo que o rumor sobre o fusilamento inducise a recuperar os corpos, ordenou o traslado e destrución dos cadáveres con lume e ácido.

Javier Cabana Soengas

No hay comentarios:

Publicar un comentario