Adolf Hitler naceu o 20 de abril de 1889 en Braunau, Austria, que pertencía ao Imperio Austrohúngaro. Foi o cuarto fillo dunha familia de clase media. De novo era un gran estudante, tiña unha mente prodixiosa, en Primaria obtivo excelentes cualificacións, pero cando comeza a Secundaria, suspendeu e tivo que repetir curso. Foi unha rebelión contra o seu pai, contrario a que Adolf seguira a carreira de pintor. Máis tarde trasladouse a estudar a Viena, alí se preocupa pola pintura e a arquitectura, aínda que non consigue entrar na Escola de Belas Artes. Con 24 anos trasládase a Munich para eludir o servizo militar xa que non lle gustaba cumprir ordes de oficiais húngaros e xudeus. Cando empeza a I Guerra Mundial decide alistarse como voluntario no exército, donde foi ascendendo progresivamente. Tras a guerra, crea un pequeno partido nacionalista de extrema dereita, comeza así o Nazismo. Hitler era un gran orador, con moito carisma, o que fai que gañe poder. Nos seus discursos atacou ós países que asinaron o Tratado de Versalles, xa que sentía un gran poder de vinganza tras o novo mapa europeo; e ós xudeus aos que consideraba culpables da mala situación da República de Weimar nos anos 20. Obtivo un gran apoio no seu partido, e decide dar un intento de golpe de estado en 1923. É recluido en prisión, e alí redacta a súa obra “Mein Kampf”. Nas eleccións de 1932, os nazis impóñense, e Hitler elimina á oposición, gobernando en solitario tras a morte de Hindenburg. En pouco tempo, logrou afianzarse no poder. Estableceu o nacional-socialismo como único partido legal, eliminando ós seus opoñentes do seu propio partido e a colaboradores de dubidosa fidelidade, iniciando o proceso de eliminación de diversos grupos raciais, políticos, sociais e relixiosos aos que consideraba «inimigos de Alemania» e «razas impuras», o que o levou aos campos de concentración para a liquidación sistemática de comunistas, xudeus, Testigos de Jehová, xitanos, enfermos mentais e homosexuais. Hitler viviu unha das maiores expansións da produción industrial en Alemania, ademáis de infraestructuras, ferrocarrís e obras civís. Durante a II Guerra Mundial, Hitler presionou a Austria para a unificación con Alemania, e fixo unha entrada triunfal en Viena. En 1941 tres millones de soldados alemáns atacaron la Unión Soviética, rompendo o pacto de non agresión que Hitler asinara dous anos antes. Esta invasión incluíu os Estados Bálticos, Bielorrusia, e Ucrania. Pero os alemáns non conseguiron chegar a Moscú debido ás temperaturas glaciais do inverno ruso, unido á feroz resistencia soviética reforzadas con tropas especialmente adaptadas a condicións extremas. A invasión non logrou o triunfo rápido que Hitler quería. Este foi uns dos principais motivos da caída de Hitler como ditador. Con el acaba o Nazismo. O 22 de abril de 1945, Hitler admite que a derrota era inminente, e que Alemania perdería a guerra. Solicitou ó seu médico que lle recomendara un método fiable de morte. O día 30, Hitler acaba coa súa vida dous minutos despois da súa compañeira e amante.
Juan Carlos Rey Vázquez
Carmen Rapado García
moi ben carmen
ResponderEliminar