martes, 16 de marzo de 2010

Picasso e o Cubismo

Pablo Ruiz Picasso (1881-1973) foi un dos grandes artistas do século XX. Revolucionou o mundo da arte, especialmente da pintura. Foi un pintor precoz, cando tiña 19 anos realizaba cadros realistas. A diversidade de estilos é unha característica constante na sua traxectoria artística, e niso consiste a súa xenialidade: buscar de forma constante novos camiños na pintura. Na súa Épopca Azul, as súas obras presentan un tono dramático, con persoaxes escuálidas que viven na miseria máis absoluta. Utiliza figuras alongadas que recordan a El Greco. A seguinte etapa, a Época Rosa, caracterízase por tonalidades máis claras, e os temas son máis alegres que na etapa anterior. Tras estas etapas, moi próximas ao mundo posimpresionista e simbolista, descubre o Cubismo. Esta nova tendencia caracterízase pola descomposición da realidade en figuras xeométricas, aportando diferentes puntos de visión nun mesmo cadro. O obxectivo é pintar os obxectos en formas poliédricas e "facetadas". "Las señoritas de Avignon" de 1907 inician o Cubismo, movemento que terá grandes repercusións nas artes plásticas e na arquitectura do século XX. O Cubismo, en Picasso, pasa por duas fases, primeiro o Analítico; donde as figuras se descompoñen en formas xeométricas e no que as obras perden a cor, usando os grises, cinzas e ocres; e logo o Sintético, no que os planos van ser máis grandes e os obxectos recoñécense moito máis que no Cubismo anterior. Nesta etapa introduce o collage para o mellor recoñecemento das realidades do cadro. Nos anos 20 a obra de Picasso aproxímase ao Surrealismo. A Guerra Civil supuxo un gran impacto para Picasso, de feito intentou expresar nos cadros o sentimento de angustia e dor, por iso as figuras aparecen deformadas o máximo. "El Guernica" expresa todo ese sufrimiento de angustia vital. O tema, como indica o seu título, fai referencia ao bombardeo desa cidade. Chama a atención a deseperación e o horror que transmite esta gran obra mural. Picasso nunca abandonou o Cubismo, sen embargo, nos seus últimos anos recobra a alegría de vivir, expresada a través das paisaxes tranquilas e evocadoras da Costa Azul francesa.
Olalla Gómez Aguiar

No hay comentarios:

Publicar un comentario