martes, 16 de marzo de 2010

Entender a arte abstracta: Kandinsky

Vassily Kandinsky é o iniciador dunha nova tendencia artística, a Abstracción. Cando en París o Cubismo revolucionaba as artes plásticas, Kandinsky pinta en Alemania a súa primeira acuarela abstracta. Era o ano 1910. Nela non existía referencia figurativa algunha, eran liñas, formas, puntos e cores sen ningunha relación coa realidade exterior. Expresaba un estado emocional, que a figuración xa non podía transmitir, xa que "como as palabras, era unha linguaxe xa moi usada". O artista necesitaba exteriorizar os seus sentimentos e o fai mediante a abstracción, cada signo equivale a un son. Busca un arte espiritual, imaxinativo e intuitivo. Kandinsky sentou as bases desta nova arte, consolidada polo propio autor e por outros grandes artistas do século XX; Miró, Mondrian, Malevich, Goncharova, Pollock, Rothko ou F. Stella entre outros.
Pablo Martínez Costales

No hay comentarios:

Publicar un comentario