martes, 16 de marzo de 2010

A Abstracción holandesa: Piet Mondrian

Este é un cadro de Piet Mondrian, o máis destacado artista da Abstracción holandesa. O seu título é "Tableau I" e pintouse en 1921, en pleno período de Entreguerras. Mondrian utiliza as cores primarias, o branco e o negro. Cada unha das cores ocupa unha área ben calculada, xa que de cada unha delas depende do conxunto. A Abstracción xeométrica reduce a pintura a trazos horizontais e verticais que pechan planos de cor pura. O blanco e o gris dividen o cadro creando efectos de gran intensidade. O vermello e o azul son pesados pero dispostos con moito coidado, como si se tratase dun sistema de equilibrio. O resultado é unha expresión máis dinámica que estática. Mondrian, ao intentar representar o cadro nas súas dimensións, evita crear a ilusión de profundidade, omitindo toda liña curva ou diagonal. O artista holandés recrea na súa pintura, a paisaxe de chairas do seu país.
Raquel Almuiña Casas

No hay comentarios:

Publicar un comentario