Benito Mussolini naceu o 29 de xullo de 1883 en Dovia dei Predappio (Italia), fillo dun ferreiro anarquista revolucionario e unha mestra de escola.Tivo unha educación anticlerical e antimilitarista. De neno sempre foi conflictivo, sendo expulsado de varios colexios. De mozo traballou como mestre e foi director do xornalsocialista Avanti!. En 1910, contraeu matrimonio con Rachelle Giudi, do que naceron cinco fillos. Creou o seu propio diario en Milán "Il Popolo d'Italia", de carácter ultranacionalista, despois de ser expulsado do Partido Socialista. En 1919 creou os "Fasci di Combattimento", de ideoloxía anticapitalista, nacionalista e antisocialista. En 1921 constitúese o Partido Fascista, e, tras a "Marcha sobre Roma" o 28 de outubro de 1922, o rei víctor Manuel III encárgalle a Mussolini formar goberno. A ditadura legalizouse en 1925. En 1929 firma o Pacto de Letrán co Papa, terminando co conflicto do Vaticano e gañando numerosos simpatizantes católicos. Entra na II Guerra Mundial xunto a Hitler. Foi derrocado en 1943 por un golpe de Estado ,pero, tras un breve exilio volve a Italia para fundar un réxime apoiado por Alemania. Cando este réxime fracasa o Duce intenta fuxir. Sen embargo, foi apresado e fusilado xunto a súa compañeira Clara Petacci, preto do Lago de Como. Os seus corpos estiveron expostos publicamente nunha praza de Milán.
Iván García Costa
Iván García Costa
Jennifer Almuiña Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario