viernes, 26 de marzo de 2010

O Guernica


O "Guernica" é un cadro de Picasso pintado en 1937. Está inspirado no bombardeo, por parte da aviación alemán, sobre a localidade vasca de Guernica. Esta acción foi unha orde de Francisco Franco. Trátase dun "cadro de historia" de enormes dimensións. É unha obra cubista, corrente pictórica que xurde en 1907 a partir doutro cadro de Picasso "Las señoritas de Avignon". O Cubismo rompe coa perspectiva tradicional, os obxectos e figuras tenden a ser xeométricas, amosando nun mesmo plano todos os puntos de visión. O "Guernica" ten como tema a guerra, non unha guerra concreta, senón o que destrúen todas as guerras. É un cadro, polo tanto, universal, un grito de dor ante os horrores das contendas, froito da sinrazón humana. A composición é triangular, recordando os frontóns gregos e os tímpanos romanos. A obra foi realizada en tonos brancos, negros e grises; aproximándose así ás fotografías en branco e negro do bombardeo. As figuras que aparecen amosan o Picasso máis expresionista; a muller que chora; os mortos, o cabalo e o toro, a lus do candil...Todos son signos do horror que o autor nos quere transmitir.
Ana Mª Meilán Sánchez

No hay comentarios:

Publicar un comentario