miércoles, 3 de marzo de 2010

O Posimpresionismo: Van Gogh


Vincent Van Gogh naceu en marzo en 1853 en Zudert, Holanda. Posuidor dun carácter forte e difícil, durante a súa xuventude tivo distintos oficios sempre impelido pola necesidade de entrega aos seus semellantes: estudante de teoloxía, profesor de francés, evanxelizador de mineiros etc. As súas primeiras composicións expresan a miseria e sufrimentos da humanidade, reflexo das súas experiencias cos mineiros. A súa vida estivo sempre rexida pola precariedade económica, vivindo da axuda que lle prestaba o seu irmán Theo, marchante de obras de arte. A súa obra, como a de tantos outros, non lle foi recoñecida en vida. A súa breve vida, surcada de amarguras e renuncias, e a loucura, constitúen o telón de fondo deste pintor holandés, creador dun estilo único, dinámico, vibrante e inquietante no que xuntou vangarda e humanidade. Foi un pintor posimpresionista que influiu no movemento expresionista. Empregou pinceladas ondulantes e as cores amarelas, verdes e azuis intensas. Entre as súas obras podemos destacar "Os xirasois" (1889), "Os comedores de papas" (1885), "A habitación de Vincent en Arles" (1889), "Noite estrelada" (1889) etc. Pintou cerca de 750 cadros e 1600 debuxos. O episodio máis famoso da súa biografía é, sen dúbida, a súa convivencia con Paul Gauguin; período de tempos violentos, de enfrontamentos entre ambos, que culminaron nunha pelrxa na que Van Gogh, fora de si, ameazou cunha navalla a Gauguin; esa mesma noite, froito do remordemento cortou a orella. Como consecuencia destes feitos, estivo ingresado no hospital de Arles, e despois un ano no manicomio de Saint-Remy. A pesar dese período difícil da súa vida, nunca deixou de traballar. Inmediatamente despois de acabar a súa obra "Corvos sobre o trigal" (1890), disparouse un tiro o 29 de xullo de 1890 e morreu dous días máis tarde.
Uxía Gómez Méndez

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este cuadro es precioso. ¿Sabías que eso es lo que se veía desde su habitación en Saint-Remy? :)

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar