martes, 16 de marzo de 2010

El holocausto judío


Cando o réxime nazi acada o poder en Alemania, adopta medidas contra os xudeus, considerados alleos a "pura raza aria" e culpabilizados da dura crise en Alemania tras a I Guerra Mundial. Desde 1918, as organizacións de extrema dereita, a través dunha propaganda intensiva, marcaron ós xudeus co estigma de acaparar actividades do mercado negro en tempos de guerra. A "Noite dos cristales rotos" en novembro de 1938, o réxime nazi manda incendiar todas as sinagogas e destrozar os escaparates dos negocios xudeus. Foi o sinal para que centos de miles de xudeus buscaran refuxio noutras nacións. Sen embargo, aqueles con menos posibilidades económicas, permaneceron en Alemania para facer fronte a un incerto futuro. Todos eles tiñan que identificarse cunha estrela amarela visible na súa roupa, non podían acceder aos baños públicos, nin a actividades de ocio que fixeran posible o contacto interracial, así como obedecer aos toques de queda, non podían andar pola rúa máis trde das oito da noite... Os barrios xudeus quedarían limitados aos famosos guettos das grandes cidades, miles de xudeus foron deportados a eles; e mais tarde, os campos de concentración serían o destino da poboación semita. O maior campo de traballo e de exterminio foi Auschwitz en Polonia. As súas víctimas procedían de toda Europa, e foro empregados como man de obra. Algúns prisioneiros foron utilizados para experimentos médicos, por exemplo a esterilización. A maioría dos prisioneiros morreron gaseados, , e tamén polas consecuencias da fame e da desnutrición. Creáronse enormes crematorios para incinerar os corpos das víctimas borrando así as pegadas do exterminio.
Jose Gómez Pardellas

No hay comentarios:

Publicar un comentario