jueves, 18 de marzo de 2010

Holliwood: a meca do cine

Greta Lovisa Gustafson naceu nun barrio humilde de Estocolmo (Suecia) en 1905. Foi un dos principais mitos do cine, o seu rostro está considerado o máis perfecto da séptima arte. A súa retirada aos 36 anos engrandeceu a lenda. Foi considerada polo American Film Institute como unha das cinco mellores estrelas da historia do cine. Coñecida como "A Divina", a súa vida estivo rodeada de gran misterio, e por cuestións que nunca tiveron resposta. A súa soltería deu pé a rumores sobre a bisexualidade da actriz, din que foi amante de Dolores del Río, da escritora Mercedes de Acosta e de Marlene Dietrich. Con esta última, tamén gran actriz, evitou en Holliwood todo contacto, negando todo. Greta Garbo comeza a súa carreira en Suecia, con catorce anos foi escollida para campañas publicitarias dos almacéns para os que traballaba. En canto a súa fotografía apareceu na prensa, foi chamada para unna curtametraxe, e despois recibiu unha beca para a Escola Dramática de Estocolmo. O seu primer film en Holliwood foi "O torrente", seguida de "Love" e "A muller lixeira" , convertíndose así nunha gran estrela do cine mudo. A chegada do sonoro non a perxudicou, a pesar de que o acento sueco se lle notaba moito. As películas "Mata Hari", "A raíña Cristina de Suecia" e "Anna Karenina" e "Ninotschka", "Gran Hotel", e "Camille", marcaron a súa carreira. Tras a rodaxe de "A muller das duas faces" abandona o mundo do cine. A Academia de Holliwood quixo entregarlle un óscar honorífico pero Greta o rexeita. Tras a súa retirada, viviu afastada dos flashes doe reporteiros, sempre se ocultou tras unhasgafas escuras, con sombreiros e pañuelos. Finalmente morreu á idade de 84 anos, a súa fortuna pasou a unha sobriña, Greta nunca casou, de nova rexeitou ao seu gran amor: John Gilbert.
Sofía López García

1 comentario:

  1. Muy bien Sofia, se nota que te esfuerzas en los trabajos

    ResponderEliminar