lunes, 15 de marzo de 2010

Os palacios dos zares: Peterhof

O palacio de Peterhof atópase nas inmediacións de San Petersburgo, en Rusia. Comezou a construirse a comezos do século XVII en tempos de Pedro I O Grande para converterse no palacio de verán dos zares. Foi obra do arquitecto francés Le Blond. Os seus xardíns toman o modelo do conxunto de Versalles. Están decorados por máis de trinta esculturas de bronce dourado, máis de sesenta fontes e máis de cen xogos de auga que van parar a un gran canle que desemboca no Golfo de Finlandia. Neste palacio, como outros en toda Rusia, existe un gran luxo e ostentación, dando lugar a unha decoración excesiva e recargada, afastándose da elegancia e da exquisitez doutros palacios europeos. De estilo Barroco, foi a residencia dos zares ata a Revolución de 1917. Durante a II Guerra Mundial foi ocupado polas tropas alemanas, e despois da súa longa restauración, hoxe é Patrimonio da Humanidade xunto o casco histórico da cidade de San Petersburgo.
Alejandro Pavón Pacior

No hay comentarios:

Publicar un comentario