martes, 16 de marzo de 2010

Clara Petacci

Clara Petacci foi última compañeira de Mussolini. Naceu en Roma o 28 de febreiro de 1912 no seo dunha familia de clase alta. A súa familia sempre lle chamou "Claretta", un diminutivo agarimoso. Era moi guapa físicamente, e desde moi nova expresou a súa admiración por Mussolini, do cal tiña retratos na súa habitación. Contactou con él e fíxolle unha entrevista persoal en 1932. A partir desta data comezaron os dous unha relación extramatrimonial, xa que o dictador italiano estaba casado daquela con Rachele Giudi e Clara con Ricardo Federici, un tenente da Aeronáutica o que abandona en 1936. No momento de empezar a relación , Clara tiña 20 anos e Mussolini 49. Nos seus diarios, Clara Petacci expresa o gran amor que ela sentiu polo Duce, e según di éste foi "romántico e moi apaixoado". Os dous viviron os últimos anos das súas vidas nun suntuoso palacete romano. Foi asasinada salvaxemente xunto a Mussolini o 28 de abril de 1945. Parece ser que tratou de salvar ó seu amante no último instante, interpoñéndose no camiño das balas dos partisanos, o que demostra a súa valentía. O seu cadáver foi exposto, tras ser fusilada, xunto a Mussolini e outros dirixentes fascistas, nunha praza de Milán.
Verónica Gómez Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario